CONVOCATORIA
DE REUNIÓN DO GRUPO DE TRABALLO
DE ACOLLEMENTO FAMILIAR
Convócoa á seguinte reunión do grupo de traballo sobre o acollemento familiar,
co obxecto de achegar propostas para optimizar e mellorar o devandito programa:
Data: 18 de xaneiro de 2012
Hora de Inicio: 10:00 h
Duración: 2 horas (aproximadamente)
Lugar: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social
ASISTENTES
Representando á Administración:
• 1 técnico de menores da xefatura territorial da Coruña
• 1 técnico de menores da xefatura territorial de Lugo
• 1 técnico de menores da xefatura territorial de Ourense
• 1 técnico de menores da xefatura territorial de Vigo
• 1 técnico de menores do Servizo de Defensa do Menor
Representando ás entidades con programas de acollemento:
• 1 representante da Asociación de Familias Acolledoras de Galicia
• 1 representante da Fundación Meniños
• 1 representante da Cruz Vermella de Galicia
• 1 representante de Aldeas Infantiles
Representando aos centros de menores
• 1 representante de Arela-Iniciativas de Apoio á Infancia
ORDE DO DÍA
1 Análise das necesidades dos acollementos en familia extensa
2 Propostas de actuación
3 Coordinación e colaboración entre os distintos servizos e entidades
4 Rolda de intervencións