O director xeral de Centros asegura na TVG que unha familia de 4 membros con ingresos de 6 millóns de pesetas terá dereito a axudas para libros

20080714114215-42libros

Xosé Manuel Pinal Rodríguez asegura que a Consellería de Educación ‘’traballa cos mínimos tempos’’ para que as familias cobren as axudas ‘’canto antes’’
Santiago, 8 de setembro de 2009.- O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Xosé Manuel Pinal Rodríguez, asegurou hoxe nunha entrevista no programa ‘Bos Días’, da TVG, que unha familia de catro membros que ingrese 6 millóns de pesetas ao ano terá dereito a axuda de 104 euros para a compra de libros de texto.
Ademais, Pinal puntualizou que no caso dunha familia de catro membros que ingrese 3.600.000 pesetas, os seus fillos terán dereito á gratuidade total, cunha bolsa de 180 euros. Deste xeito explicou que a nova ‘Gratuidade Solidaria’ “é un sistema mellor para todos’’. ‘’Así o recoñecen en privado tamén os socialistas e nacionalistas’’, apuntou.
O director xeral recordou que o anterior sistema do goberno bipartito non era un sistema de gratuidade universal, senón de préstamo, co que as familias debían deixar os libros nos centros educativos. “De feito todos os pais tiñan que pagar cada ano 1 ou 2 libros. E por certo’’, engadiu ‘’moitos pais e nais socialistas decidiron mercar os libros para que os seus fillos e fillas puideran telos en propiedade’’.
Coa ‘Gratuidade Solidaria’, os manuais serán propiedade dos escolares, que poderán empregalos como ferramentas de traballo e incrementar así a súa biblioteca familiar con este material de consulta.
Por outra banda, o director xeral de Centros e Recursos Humanos destacou o esforzo da Consellería de Educación por ‘’achegarse á realidade social’’ das familias galegas. Así, lembrou que o baremo para medir quen pode acceder ás bolsas establécese con referencia á declaración da renda do ano 2008, para que a continxencia da crise económica estea o máis presente posible á hora de concedelas.
No que respecta ao prazo no que os pais e nais cobrarán as axudas, Pinal asegurou que desde Educación “estamos traballando cos mínimos tempos”, polo que incidiu na importancia de que as familias soliciten as bolsas “canto antes”.
Finalmente, o director xeral asegurou que ao redor de 7 de cada 10 escolares galegos terán acceso a estas axudas para mercar libros. Ademais, o aforro que supón este programa de ‘Gratuidade Solidaria’ permite a Educación orientar máis fondos a outros servizos complementarios como comedores.
Tranquilidade para previr a Gripe A
No tocante á prevención da Gripe A, Xosé Manuel Pinal explicou que os protocolos de actuación serán enviados en breve aos centros educativos galegos, tal e como xa anunciaran en rolda de prensa conxunta o conselleiro de Educación, Jesús Váquez Abad, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía. En todo caso, o Director xeral de centros quixo invitar á cidadanía galega a manter a tranquilidade, xa que o virus está controlado na comunidade.
Data: 11:57 – 08/09/2009
Áreas temáticas: Área de Educación
Fonte: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

…………………………………………………………………………………..
REPETIMOS

http://gratuidadesolidaria.xunta.es/

“…el Coordinador de Menores, al que llamamos para preguntar si existía alguuna discriminación positiva con los niños con medidas de protección, y me contesto que al pertenecer a la Consellería de Educación, y a no estar en la misma Consellería, los menores con medidas de protección accederán a las becas de la misma manera cualquier otro menor. Es la misma siuación que con lo de solicitar plaza en los colegios.

Osea, que aunque el niño esté tutelado, el acogedor podrá solicitar la beca y se regirá por su situación y no porque el niño este tutelado por la Administración….”

Esta entrada fue publicada en LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s