Máis de 6.000 familias galegas solicitaron a ‘Gratuidade Solidaria’ para os libros de texto

20080714114215-42libros
O conselleiro de Educación apelou á responsabilidade dos centros educativos para que presten a súa colaboración co fin de que os pais e nais cobren canto antes as axudas

Santiago, 9 de setembro de 2009.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, explicou hoxe que máis de 6.000 familias galegas presentaron xa as solicitudes para recibir as axudas do novo sistema de ‘Gratuidade Solidaria’ para mercar libros de texto, antes incluso do comezo do curso. A Consellería confía en poder comezar a abonar as axudas a partires da semana próxima.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Vázquez Abad detallou o procedemento artellado pola Consellería de Educación para facer efectivo o pago ás familias destas bolsas, que significan a introdución por primeira vez dunha gratuidade real no acceso a este material didáctico esencial. Isto contrasta co anterior sistema de préstamo, no que os manuais eran propiedade da Administración e non podían ser empregados polo alumnado como unha verdadeira ferramenta de traballo.

O responsable de Educación lembrou que a actual Consellería tivera que adoptar as medidas oportunas para garantir “maior xustiza e solidariedade” ás familias galegas ante a inminencia do comezo do curso escolar, no marco dunha grave crise económica.

Malia á valoración positiva da acollida da ‘Gratuidade Solidaria’, a Consellería espera que o maior volume de solicitudes se produza nos vindeiros días, cando os rapaces comecen as clases. En todo caso, o conselleiro de Educación volveu instar ás familias a pedir as bolsas canto antes, xa que as axudas se tramitan de forma semanal e por orde de solicitude.

Colaboración dos centros
Por outra banda, Jesús Vázquez Abad, destacou o esforzo da Consellería de Educación ao poñerse como reto abonar as axudas no prazo de 15-20 días desde o momento no que se presenta a solicitude. Foi precisamente o obxectivo de buscar que os cartos cheguen aos pais e nais o antes posible o que orientou a decisión de optar pola tramitación a través dos centros educativos, o mecanismo que se considerou máis áxil.

Con respecto a este punto, o conselleiro de Educación recordou que o sistema de préstamo do bipartito sobrecargou ao persoal dos centros, que se viu obrigado a realizar un traballo de supervisión dos libros de texto cedidos e reparto dos mesmos.

Por iso, e recoñecendo o esforzo que este persoal docente está a realizar neste comezo de curso, Vázquez Abad incidiu en que o procedemento polo que optou a Consellería para tramitar o pago significará no futuro unha redución do traballo de tramitación nos centros.

Confiou así o conselleiro na colaboración desde os centros, apelando ao imperio da responsabilidade, de tal modo que se eviten campañas ocultas promovidas por intereses alleos que dificulten a tramitación das bolsas, e que terían como principais prexudicados ás familias galegas.

Data: 19:55 – 09/09/2009
Áreas temáticas: Área de Educación
Fonte: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, familias, familias acolledoras, niñas, niños y adolescentes, noticias, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Máis de 6.000 familias galegas solicitaron a ‘Gratuidade Solidaria’ para os libros de texto

  1. familiasdeacollida dijo:

    repetimos

    http://gratuidadesolidaria.xunta.es/

    “…el Coordinador de Menores, al que llamamos para preguntar si existía alguuna discriminación positiva con los niños con medidas de protección, y me contesto que al pertenecer a la Consellería de Educación, y a no estar en la misma Consellería, los menores con medidas de protección accederán a las becas de la misma manera cualquier otro menor. Es la misma siuación que con lo de solicitar plaza en los colegios.

    Osea, que aunque el niño esté tutelado, el acogedor podrá solicitar la beca y se regirá por su situación y no porque el niño este tutelado por la Administración….”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s