‘Montaña en familia’

felicidad-persona-picnic_~u11939036

Santiago, 14 de setembro de 2009.-

A Consellería de Cultura e Turismo e mais a Consellería de Traballo e Benestar xunto coa Asociación Galega de Familias Numerosas desenvolven un proxecto de colaboración consistente na posta en marcha dun programa piloto destinado a fomentar actividades de lecer e estancias para as familias numerosas. O programa piloto que se puxo en marcha este mes está deseñado para un cento de familias numerosas que poderán gozar por un prezo reducido de estancias e actividades no Parque Natural de Manzaneda. Ante o éxito da inciativa, a Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral de Benestar dobran o número de prazas dispoñibles para o programa xa que o cupo inicial de reservas xa está completo.

A Asociación Galega de Familias Numerosas foi a encargada, xunto con Turgalicia, de promocionar e divulgar entre os seus socios o programa. Pola súa banda, as consellerías de Traballo e Benestar e mais de Cultura e Turismo encárganse da organización, promoción e desenvolvemento do programa. Así mesmo, a Consellería de Cultura e Turismo, mediante a súa Secretaría Xeral para o Turismo e a través da Sociedade da Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, encárgase da organización e desenvolvemento do programa.

As familias numerosas poderán pasar unha fin de semana en Manzaneda, na estación de montaña. A programación prevista para o venres inclúe piscina, cea e unha sesión de contacontos para os nenos. O sábado poderán participar nunha actividade de recollida de cogomelos, un almorzo no que se degustarán os mesmos, actividades de sendeirismo interpretativo, piscina, cea e sesión disco. O domingo, tras o almorzo poderán participar nos xogos populares e nunha sesión de tiro con arco. A fin de semana conclúe cun xantar.

O prezo da estancia que habitualmente é de 70 euros por persoa, será de 35 euros por persoa e a metade -17,50 euros- para os nenos menores de doce anos por toda a fin de semana, estancia e actividades incluídas. O programa inclúe cen estancias de fin de semana. A redución a respecto do prezo normal é do 50 por cento, cofinanciado polos dous departamentos autonómicos. Para inscribirse haberá que acreditar o libro de familia numerosa ou o carné de asociado e pode facerse a través de chamada, envío de fax ou correo electrónico citando o programa e o número de membros da familia que se anotan no teléfono 988309090, no fax 988310875 ou no mail

……………………

Ante o éxito da iniciativa ‘Montaña en familia’ para familias numerosas a Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral de Benestar duplican o número de prazas do programa A Consellería de Cultura e Turismo e mais a Consellería de Traballo e Benestar xunto coa Asociación Galega de Familias Numerosas colaboran nun proxecto conxunto dirixido a incentivar o turismo de montaña entre as familias numerosas con prezos especiais nas estadías Benestar e Turismo cofinancian o 50% dos paquetes que xa contan cun prezo especial ofertado polo único establecemento de Galicia que ofrece este tipo de actividades, a estación de montaña de Manzaneda Incialmente ofrecíanse estadías para cen familias e o número duplicouse, de xeito que agora 200 familias numerosas poderán disfrutar da estancia na montaña na fin de semana abonando 35 euros por persoa

Esta entrada fue publicada en Equipo de cruz roja, familias, noticias, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s