Economía e Industria detecta e introduce na rede nacional de produtos perigosos 16 disfraces e máscaras

Ante a celebración do Samaín o Instituto Galego de Consumo recorda aos pais que os disfraces para os nenos non poden ter cordóns no pescozo

A Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Consumo advirte que estes disfraces e máscaras teñen risco de estrangulamento, asfixia e queimaduras

Con motivo da celebración da festa de Samaín, e ante a compra de caretas, máscaras (estas son as que cobren totalmente a cabeza), perrucas e disfraces, o Instituto Galego de Consumo lembra que deben estar etiquetados de tal xeito que conteñan a seguinte información: nome ou denominación comercial do produto, identificación da empresa que o comercializa (enderezo), país de procedencia, marcas e indicacións de uso, símbolo gráfico no que se indique a prohibición para menores de tres anos e marcado CE

Santiago, 30 de outubro de 2009.- O Instituto Galego de Consumo, organismo adscrito a Consellería de Economía e Industria, ten detectado 16 disfraces e máscaras susceptibles de producir queimaduras, asfixia ou estrangulamento, que xa foron introducidas na rede nacional de produtos non alimenticios perigosos para o consumidor. Neste listado cómpre prestar unha maior atención aos disfraces para os rapaces como o de gladiador da marca Rubie´s (modelo nº 882800) (talla 5-7 años), incluído por risco estrangulamento; o traxe de Papá Noel Infantil da marca Reila (modelo 49265121), por queimaduras e asfixia; o disfraz de Brancaneves da marca Boys Toys (talla 2 a 4 años), por estrangulamento; de paiaso da marca Boys Toys (talla 0-6 meses), por estrangulamento, e o disfraz modelo Clown Hoop Chica (T2. 702676 ,88386) (tallas 7 a 10 años), por estrangulamento .

Ademais, tamén foron introducidos nesta rede de alerta a máscara Branca (373/09) por queimaduras; a mascara de demo (372/2009), por queimaduras; o disfraz de coelliña de marca Mafisa (art. nº 238), por estrangulamento e asfixia; o traxe de pitiño de marca Creacións Llopis (ref 2013 y 20000), por queimaduras; o disfraz de león da marca Profisa (ref. 91.107), por estrangulamento; a barba branca (item nº 2238, ref. 11689), por queimaduras; o antifaz con plumas (ref. 11682), por queimaduras e asfixia; a perruca para festas (modelo CBH-007), por queimaduras; a perruca negra da marca Ángela (modelo BD-001 P103), por queimaduras, e o disfraz de Oso Polar da marca Creacións Llopis (refs. 2009 y 20000), por queimaduras.

De cara a celebración da festa do Samaín, este sábado, o Instituto Galego de Consumo quere recordar aos pais que cos disfraces destinados aos nenos pequenos (6 anos e 11 meses) débese ter coidado de que na zona da cabeza e do pescozo non haxa cordas axustables, cordóns funcionais ou decorativos ao estar prohibida a súa presenza.

Asemade, as máscaras fabricadas cun material impermeable deberán dispor dun área de ventilación, como mínimo de 1.300 milímetros cadrados. Esta área pode distribuírse nun só orificio (por exemplo: boca) ou en varios separados (ollos); neste caso, a separación debe ser alomenos de 150 mm.

Con motivo da celebración da festa de Samaín, e ante a compra, de caretas, máscaras (estas son as que cobren totalmente a cabeza), perrucas e disfraces, o Instituto Galego de Consumo, ao fin de que os consumidores estén perfectamente informados á hora de mercar ditos produtos, lembra que deben estar etiquetados de tal xeito que conteñan a seguinte información: nome ou denominación comercial do produto, identificación da empresa que o comercializa (enderezo), país de procedencia, marcas e indicacións de uso, símbolo gráfico no que se indique a prohibición para menores de tres anos e marcado CE; unha información que debe estar, como mínimo, no idioma castelán.

Ademais, no caso de que se merquen xoguetes que sexan unha imitación de máscaras e cascos de protección, deberán levar a seguinte lenda: “¡ADVERTENCIA! Isto é un xoguete. Non proporciona protección”. Do mesmo xeito, o IGC lembra aos consumidores que á hora de mercar todos estes produtos debe solicitarse sempre o tíquet de compra.

Neste sentido, é preciso recordar que Galicia é pioneira en materia de avaliación e análise de riscos de produtos industriais por ser a única autonomía do Estado que conta cun laboratorio acreditado que, ademais de analizar os potenciais perigos dos artigos enviados por particulares ou procedentes das reclamacións efectuadas, investiga as mostras que lle envía a Inspección de consumo para avaliar se os produtos cumpren os requisitos esenciais de seguridade.

O LCG analiza e controla os produtos industriais, agrupados nas seguintes liñas de actuación: lixivias e artigos de limpeza, electrónicos, fibras e téxtiles, material de aparatos eléctricos e pequeno electrodoméstico, xoguetes e material escolar e artigos de puericultura. En definitiva, o traballo realizado polos especialistas do Laboratorio de Consumo de Galicia ten por obxectivo reducir os riscos dos consumidores ao máximo, xa que en ocasións resulta inviable para un potencial comprador diferenciar con exactitude un artigo perigoso do que non o é.

Asemade, o LCG da resposta a consultas nas materias da súa competencia, tanto a outros departamentos do IGC como a particulares, empresas ou outras administracións, e participa tamén nas tarefas de formación e divulgación en materia de consumo promovidas polo IGC.

Data: 10:24 – 30/10/2009
Áreas temáticas: Área de Economía | Área de Industria
Fonte: Consellería de Economía e Industria

Esta entrada fue publicada en Equipo de cruz roja, familias, familias acolledoras, noticias, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s