O Programa de integración familiar da xunta traballa con 221 menores para lograr que volvan cos seus pais se están internados en centros ou mellorar a convivencia se está en risco

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe o acto que a Fundación Meniños desenvolveu para presentar un documento de avaliación de resultados deste plan

O obxectivo do programa é que os menores volvan coas súas familias de orixe ou que melloren a súa convivencia se a continuidade está en perigo

O informe revela que é alta a porcentaxe de nenos e nenas que logran estar nunha situación de protección dentro da súa familia de orixe, unha vez rematado o proceso de intervención administrativa

O perfil dos usuarios deste programa soe ser de nenos duns 7 anos de media que levan internados nun centro dous ou máis anos e parellas con dous ou tres fillos ao seu cargo con problemáticas de alcoholismo, drogadicción ou enfermidades graves


Santiago, 18 de novembro de 2009.- O Programa de Integración Familiar (PIF) de Galicia, un plan de intervención no ámbito familiar para resolver situacións de risco dos fillos menores de idade, atende na actualidade a 221 nenos, nenas e adolescentes pertencentes a 132 familias. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, expuxo hoxe estes datos no acto que a Fundación Meniños (entidade que leva a cabo o programa xunto a Xunta) desenvolveu para presentar o documento de ‘Avaliación de Resultados no PIF’ entre os anos 1993 e 2004, con motivo o venres do Día Universal da Infancia.

O Programa de Integración Familiar (PIF) -que levan a cabo equipos interdisciplinares formados por profesionais da Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social e Educación Social especializados en intervención familiar- foi pioneiro en Galicia no ano 1992. En todo este tempo atendéronse a máis de 1.600 nenos e a máis de 700 familias.

O proxecto representou un cambio na forma de exercer a protección á infancia, priorizando o traballo coas familias, despois de moitas décadas de protección unicamente residencial.

Neste sentido, Mato destacou que este programa é “unha man amiga en momentos complexos, unha axuda e un respaldo para reestruturar o núcleo básico familiar cando as circunstancias son adversas”, apuntou. Ademais, resaltou que Galicia é a comunidade autónoma con máis bagaxe e estabilidade na posta en marcha de programas de protección á infancia.

Dúas áreas de intervención
O PIF artéllase en dúas áreas de intervención. Por unha banda, a reunificación familiar na que se traballa para que os menores internados en centros de protección ou en acollemento temporal cunha familia axea podan volver coa súa familia de orixe. Nestes momentos, a Administración autonómica, a través de Meniños, traballa con 114 rapaces neste ámbito (55 nenos e 59 nenas) e 78 familias.

A segunda forma de intervención é a preservación familiar que trata de reducir os factores de risco detectados que poñen en perigo a continuidade da convivencia do menor coa súa familia. Agora mesmo, existen 107 nenos, pertencentes a 54 familias, que forman parte desta área de traballo.

A Xunta de Galicia encargou á Fundación Meniños no ano 1996 o desenvolvemento deste programa, que se converteu no plan máis veterano e estable de todo o territorio nacional. De feito, Mato destacou que o plan é un referente en todo o país. Na actualidade, Meniños segue a colaborar co Goberno galego e, por iso, a conselleira de Traballo e Benestar quixo agradecer a labor social desta entidade.

A titular de Traballo e Benestar enmarcou este tipo de accións, como a do PIF, dentro dunha política de protección ás familias, “esencial nestes tempos de crise económica onde os sectores máis vulnerables poden verse especialmente afectados”, subliñou. Ademais, resaltou que a protección da infancia en situacións de risco teñen cambiado moito en poouco tempo.

O obxectivo principal do programa é garantir o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a cobertura das súas necesidades básicas por parte dos pais.

O PIF ten unha duración máxima de dous anos, un tempo que varía en función da evolución e das necesidades de cada familia. Excepcionalmente pódese prorrogar o prazo se considérase que a familia está na dirección correcta na consecución do seu funcionamento autónomo, pero necesita máis tempo para lograr os obxectivos de recuperación,

O documento de avaliación
O éxito e a consolidación do Programa de Integración Familiar (PIF) constátase no estudo presentado hoxe pola Fundación Meniños. O documento ‘Avaliación de resultados no Programa de Integración Familiar’ analizou recentemente os resultados acadados entre as familias e os nenos que participaron no programa entre os anos 1993 e 2004, preto de 700 nenos, nenas e adolescentes pertencentes a 336 familias.

O informe revela que, tras cinco anos despois de rematado o proceso, unha alta porcentaxe dos nenos seguen a estar nunha situación de protección dentro da familia de orixe, “o que indica unha estabilidade moi alta da situación propiciada polo programa”, revela o estudo.

Ao respecto, Mato apuntou que “desde a Consellería tomarei o guante que as conclusións do estudo lanzan a favor da prevención das diferentes problemáticas que poden pór en perigo a estabilidade dos nenos no seo familiar”.

O perfil do usuario do programa
O perfil medio dos nenos que son atendidos a través do Programa de Integración Familiar é un rapaz ou rapaza de 7 anos que se atopa internado nun centro desde hai dous o máis anos e con medida de tutela. O plan o que busca e a volta do neno coa súa familia de orixe.

Con respecto ao perfil dos pais, son polo xeral parellas con 2 o 3 fillos o seu cargo con problemáticas sociofamiliares cronificadas (en situacións de alcoholismo, drogadicción, enfermidades graves que implican un deterioro progresivo do individuo ou problemas psíquicos). Habitualmente, os pais e nais viven sen depender de subsidios e con anterioridade non lles retiraron a tutela de ningún outro dos seus fillos. Ademais, non soen ter un historial nos servizos sociais.

No informe realizado por Meniños deixase claro que cambiar as actitudes e aptitudes non protectoras das familias cara os seus fillos non é tarefa fácil e require tempo e recursos. Por iso, os programas que pretenden este obxectivo teñen un ciclo de vida longo.

Tema: Bienestar
Departamento: Consellería de Trabajo y Bienestar
noticia enviada por Pilar Rodríguez Vicente

Esta entrada fue publicada en Fundación Meniños, niñas, niños y adolescentes, noticias, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s