A Fundación Meniños presentou na Deputación a revisión da web educativa «O mundo de Milu»

A Fundación Meniños presentou onte en Lugo a revisión da páxina web «O mundo de Milu», para conmemorar o vixésimo aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia. No acto, que se desenvolveu no Pazo de San Marcos, participaron a presidenta de Meniños, Mónica Permuy López, e a vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján.
A actriz María Pujalte colabora co portal educativo (www.mundodemilu.org), que foi creado hai tres anos. A protagonista é Milu, «unha nena que, coa súa historia, dá a coñecer a situación dos nenos e nenas que, por diversos motivos, teñen que vivir un tempo separados da súa familia de orixe, baixo o amparo do sistema de protección á infancia, como centros de menores, acollemento familiar, programas de reunificación…», resalta o colectivo. Tres anos despois, a historia recollida ampliase e remata coa volta de Milu á casa da súa familia, tras ser superado con éxito os obxectivos do Programa de Integración Familiar.
A páxina naceu coa vocación de facilitar o acceso dos rapaces a estas temáticas, a través dunha estrutura e duns contidos deseñados especificamente para eles.
A Deputación de Lugo, por medio da área de Benestar Social, colabora con Meniños desde o ano 2008. Neste tempo, subvencionou con 30.000 euros diferentes programas centrados na familiar con menores en situación de desvantaxe social. Estes programas subvencionados axudaron en Lugo a 31 familias e 45 persoas.

http://www.meninos.org/mundodemilu/avidademilu03gal.htm

Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, Fundación Meniños, la voz de galizia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s