Traballo e Benestar concerta un total de 44 prazas para a atención de menores tutelados ou en garda

O Diario oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria pública do procedemento de contratación aberta para adxudicar o concerto destas prazas

O orzamento dispoñible para esta licitación é de 726.350 euros

Estas 44 prazas repartiranse entre as comarcas do Barbanza, Lugo, Terra de Lemos, Valdeorras y O Condado

Santiago, 25 de novembro de 2009.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria pública do procedemento de contratación aberta para adxudicar o concerto dun total de 44 prazas para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou en risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

O orzamento dispoñible para esta licitación é de 726.350. A través deste financiamento, dotarase de prazas ás comarcas do Barbanza, Lugo, Terra de Lemos, Valdeorras e O Condado. En concreto, a totalidade das prazas repártese na seguinte tipoloxía: xerais (13), especiais (3) e de día (28).

Máis polo miúdo, Barbanza contará con 6 prazas xerais, dúas especiais e dúas de atención de día. A Lugo se lle dotará con 7 de carácter xeral e unha especial. Por outra banda, Terra de Lemos e Valdeorras contarán con 8 prazas de atención de día cada unha delas, e O Condado con 10 prazas concertadas desta mesma tipoloxía.

De feito, e como se observa na distribución das prazas, o obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar é potenciar o recurso de atención de día sobre o residencial, co fin de manter ao menor o máis preto posible do seu entorno familiar e afectivo.

Ademais, a través deste concerto de prazas e na modificación doutros contratos vixentes, conséguese dotar con prazas para menores de protección ás comarcas que non tiñan este servizo ou nas que este era insuficiente. Así, respóndese á demanda da sociedade e dos equipos de menores da posta en marcha de novos recursos, preferentemente no relacionado coa atención de día.

Por outra banda, a convocatoria introduce este ano unha novidade para conseguir un concurso máis aberto. Ata o de agora, só podían acceder ao concerto de prazas as entidades sociais que xa contaban cun centro autorizado. Nesta edición, e por primeira vez, poderán acceder aquelas entidades que presenten un informe de viabilidade positivo e un local que cumpra os requisitos normativos para este tipo de centros, e que poida empezar a funcionar nun prazo máximo de 4 meses despois da resolución. Precisamente, durante este mesmo período máximo de tempo, as adxudicatarias terán que cumprir os trámites e requisitos precisos para conseguir ser un centro autorizado.

Tema: Bienestar

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s