Irma Tejeiro, nai de acollida del programa de Cruz Roja


“Ser familia de acollida é unha experiencia fascinante”Irma Teijeiro é unha betanceira que dende hai pouco máis de dous anos ten acollido no seu fogar a un menor do programa
de acollemento familiar de Cruz Vermella. O seu é un acollemento de fin de semana e vacacións que lle está a reportar a ela e á súa
familia unha experiencia moi enriquecedora. Como Irma, outras moitas familias, acaban de agruparse na Asociación de Familias Acolledoras Galegas, LA FAG (www.familiasdeacollida.blogspot.com)).

-Como é a súa experiencia como nai acolledora?

-Eu teño acollido un neno de 14 anos que leva uns dous anos con nós, trátase dunha acollida de fin de semana e vacacións. É unha
experiencia fantástica, compartir a túa casa e a túa vida cunha persoa que de principio non coñeces pero que sabes que son menores que so precisan cariño, atención e un entorno estable. É unha experiencia fantástica que eu recomendo sen ninguna dúbida. É moi gratificante ver
como evolucionan co tempo e terlles evitado o paso por un centro de menores que non é o mellor lugar para a educación destes pequenos.

-É difícil a convivencia?
-O que está claro é que esta decisión non a podes tomar de forma individual, senón que hai que falalo coa familia, cando das o paso tes que estar de acordó con todos os membros da familia. No meu caso, son separada e teño un fillo de vinte anos que en todo momento estivo dacordo co acollemento. Os procesos de adaptación son progresivos. No noso caso foi rápido porque con doce anos xa ten unha opinión formada. Os primeiros contactos foron breves, a veces tardan meses, pero no noso caso foi bastante áxil. Na convivencia poden xurdir problemas, como en calquera familia pero en calquera caso hai apoio de Cruz Vermella para solventar determinadas incidencias. Hai cousas que podes resolver ti, pero para outras é preciso apoio, e neso Cruz Vermella fai un excelente traballo.

-Resulta difícil asumir que esta convivencia remata nun prazo?
-Eso é algo que hai que ter moi claro desde o principio. Que o acollemento é temporal e que o menor e a familia de acollida debe manter contacto coa familia de orixe porque en canto se solucionen os problemas que orixinaron a acollida, o neno ou nena vai voltar coa súa familia. Se non se asume eso, non se está preparado para formar parte do programa.
É triste, sabes que o botarás de menos, formaches parte da vida dese rapaz pero o fin é que volva á súa familia e no fondo que marche é unha alegría
porque supón que a súa familia está de novo preparada para telo con eles. E ademais, que remate o acollemento non significa que te desligues completamente, segue habendo contacto despois.

-Vostede forma parte de La FAG, por que decidiron asociarse?
-Sobre todo para facer máis forza ante situacións que ás veces se complican, por exemplo, poden xurdir problemas á hora de escolarizar o menor acollido nun centro próximo ou para dispor do expedente médico do pequeno no teu centro de saúde.
Este tipo de problemas soluciónanse máis fácil en grupo. Ademais, facemos encontros con outras familias acolledoras, o cal é positivo para os nenos que ven que hai outros menores que están na súa situación.

Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, Acollida/acojida temporal, derechos de los niños, familias, familias acolledoras, LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s