Máis de 31.000 familias beneficiáronse no ano 2009 das axudas por ter a cargo fillos menores de 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu no ano 2009 un total de 37.601 solicitudes das que un 84% se resolveron favorablemente

A prestación económica é un pagamento único de 360 euros

O Goberno galego destinou no exercicio pasado un orzamento de 12 millóns de euros a esta acción social

Santiago, 14 de febreiro de 2010.- Preto de 31.500 familias beneficiáronse o ano pasado das axudas que concede a Xunta de Galicia por ter a cargo fillos menores de 3 anos. A Consellería de Traballo e Benestar recibiu en 2009 un total de 37.601 solicitudes das que un 84% resolvéronse favorablemente. As restantes foron desestimadas pola Administración por non cumprir cos requisitos esixidos.

O Goberno galego destinou un orzamento de 12 millóns de euros a esta actuación regulada na Comunidade autónoma pola orde do 11 de marzo de 2009 na que se establecen as bases que rexen a concesión desta prestación económica de pagamento único.

A normativa establece que aquelas persoas que na data de entrada en vigor da Lei 16/2008, do 23 de decembro, tivesen fillos ou fillas menores de 3 anos terán dereito a percibir unha axuda de 360 euros por cada un sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos: residir en Galicia; que os nenos e nenas convivan coa persoa demandante na data da solicitude; e non ter a obriga de presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas por razón de ingresos, é dicir, cando os ingresos da unidade familiar (individuais ou conxuntos) non superen os 22.000 euros sumadas á base impoñible xeral e á base impoñible de aforro.

No caso de fillas e fillos adoptados ou acollidos, a axuda concederase durante os tres anos posteriores á data de inscrición da adopción ou do acollemento no rexistro civil. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, a persoa beneficiaria será a que teña a custodia.

A regulación desta prestación lévase a cabo mediante orde de axudas de periodicidade anual. Para atención ou asesoramento, os interesados poden dirixirse á Secretaria Xeral de Familia e Benestar o consultar as páxinas web http://www.familiasgalegas.org e http://traballoebenestar.xunta.es.

Esta axuda de pagamento único naceu co fin de equiparar ás familias que non teñen obriga de facer a declaración da renda con aquelas que gozan da dedución fiscal cando son pais e nais.

Tema: Trabajo , Bienestar

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Máis de 31.000 familias beneficiáronse no ano 2009 das axudas por ter a cargo fillos menores de 3 anos

  1. Marisa dijo:

    Peroooooo se no caso de acollemento en familia allea, ises cartos van para a Administración diretamente por ter esta a tutela????????

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s