A Xunta oferta por primeira vez 500 prazas en balnearios para que a mocidade goce de estadías nestas instalacións a metade de prezo

A Xunta oferta por primeira vez 500 prazas en balnearios para que a mocidade goce de estadías nestas instalacións a metade de prezo
O director xeral de Xuventude e Voluntariado e a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe o programa pioneiro ‘Noites Saudables’

A iniciativa desenvolverase durante o mes de abril en 9 balnearios e un centro de talasoterapia emprazados por toda a xeografía galega

A contía das estancias oscila entre os 61 e 97 euros segundo o programa termal que se escolla

A oferta sempre inclúe dous días en réxime de media pensión e habitación dobre con tratamentos específicos

Santiago, 5 de abril de 2010.- A Xunta de Galicia, na súa aposta por ofrecer á mocidade unha alternativa de ocio, oferta este mes de abril 500 prazas en balnearios para que os mozos e mozas galegos poidan beneficiarse de estadías durante as fines de semana a través do programa ‘Noites Saudables’.

Trátase dunha iniciativa que o Goberno galego pon por primeira vez en marcha co obxectivo de ofrecer unha alternativa saudable á mocidade. Así o explicaron hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

O novo programa está dirixido a persoas de entre 18 e 35 anos. Os beneficiarios tan só deberán achegar a metade do custe total da estadía, xa que a iniciativa está cofinanciada nun 50% pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral para o Turismo.

“Os participantes teñen a oportunidade de gozar dunha fin de semana diferente nun entorno que para moitos será unha novidade e onde a saúde e o benestar físico e mental é obxectivo primordial”, resaltou Rodeiro.

A finalidade é promover o termalismo e o ocio entre os máis mozos con estadías de dous días en réxime de media pensión con tratamentos específicos en balnearios emprazados por toda a xeografía galega. En concreto, a Xunta pon a disposición da mocidade ata 12 programas diferentes en 9 balnearios e o centro Talaso Termaria da Coruña.

“Os balnearios e talasos de Galicia son auténticos centros de ocio e saúde que contan con instalacións e programas para todos os públicos. Así, a mocidade tamén pode atopar servizos e actividades apropiadas aos seus gustos e necesidades. Hai que desmitificar que estas instalacións son só para persoas maiores e con problemas de saúde”, explicou Rodeiro.

O prezo das estancias oscila entre os 61 e 97 euros, segundo o programa que se elixa. Así, por exemplo, as técnicas termais que se ofertan varían segundo o plan que se escolla. Deste xeito, a xuventude galega poderá beneficiarse de servizos como masaxes de relaxación ou hidromasaxes ata baños de burbullas e circuítos termolúdicos.

O director xeral de Xuventude destacou, por último, “o importante esforzo que está a facer a Xunta para poder ofertar esta primavera preto de 3.500 prazas para fomentar o turismo activo entre os mozos e mozas a través dos programas Xuventur, Roteiros e Noites Saudables”.

Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, apuntou que o obxectivo do programa é dobre. “Por un lado queremos compensar dalgún modo os momentos de máis baixa ocupación, xa que esta iniciativa actuará como desestacionalizadora do sector da talasoterapia e do termalismo e en segundo lugar pretendemos aproximar á mocidade o coñecemento deste sector”.

Para concluír, Pardo destacou que “a posta en valor da oferta termal galega pasa por deseñar e articular produtos que se convertan nun atractivo turístico e que cheguen ao espectro máis amplo do seu mercado potencial” e, por iso, sinalou que “polo seu efecto desestacionalizador e pola súa oferta distinguida e calidade o termalismo galego é un factor diferencial que cómpre desenvolver e potenciar”.

Inscricións e balnearios
Os interesados en participar neste programa poderán inscribirse a través dos teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981 541 688, 981 545 937, 981 545 822 e 981 541 689. Para recibir máis información poderán dirixirse á páxina web http://www.xuventude.net.

‘Noites Saudables’ conta coa colaboración da Asociación de Balnearios de Galicia, Hospeco e Termaria-Casa da Auga da Coruña. Dentro da Asociación de Balnearios de Galicia colaboran nove establecementos: o balneario de Carballo; de Baños de Molgas; Arnoia Caldaria; Laias Caldaria; Lobios Caldaria; o hotel balneario de Río Pambre, en Palas de Rei; o hotel golf balneario de Augas Santas; o balneario de Lugo –Termas Romanas e, por último, as termas de Cuntis.

Tema: Bienestar , Juventud
Departamento: Consellería de Trabajo y Bienestar

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s