O Valedor do Pobo distribúe 6.000 carteis para divulgar entre a poboación escolar galega os dereitos da infancia


O Alto Comisionado Galego fixo chegar nas últimas semanas os pósteres a cerca de mil centros que imparten educación Infantil e Primaria na comunidade.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2010. A institución do Valedor do Pobo culminou a distribución en Galicia de 6.000 carteis sobre os dereitos da infancia entre un millar de centros escolares públicos, privados e concertados que imparten educación Infantil e Primaria na comunidade. A campaña forma parte do conxunto de iniciativas que con asiduidade desenvolve o alto comisionado parlamentario na súa tarefa de facer pedagoxía dos dereitos entre a poboación de menor idade.

Os pósteres en cuestión recollen, cunha linguaxe moi sinxela, unha selección dos dereitos recoñecidos na Declaración dos Dereitos do Neno, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en novembro de 1959. Ao carón dunha ilustración dun rapaz e unha rapaza portando globos nas súas mans sobre un fondo verde, pódense ler dez dos “dereitos da infancia” acompañados dun número, polo que a proposta do Valedor se convirte tamén nun xogo no que os máis pequenos deben proceder a poñelos en orde. Entre os principios figuran algúns tan importantes como o dereito dos menores a ter unha familia, unha boa educación, a vivir sen discriminación, a non sufrir maltrato, a xogar, a ser escoitados, a crecer en liberdade, a non ser manipulados e mesmo a ter unha identidade.

Coa iniciativa, o Valedor do Pobo consolida unha vez máis o seu especial compromiso para con este colectivo de poboación, tanto polas características de vulnerabilidade que presenta, como polas previsións da lexislación sectorial, xa que a Lei galega 3/1997, da familia, a infancia e a adolescencia atribúe unha vicevaledoría de modo permanente á supervisión dos asuntos relacionados con menores.

Intensa actividade
A tarefa de difusión dos dereitos dos menores xa foi moi intensa no ano 2009, tal e como consta no Informe Ordinario do Valedor. A oficina elaborou un tríptico informativo con recomendacións aos adolescentes para unha navegación segura por internet; abríronse diversos canles de colaboración coas organizacións non gobernamentais que levan temas de menores; acudiuse a distintos congresos, xornadas e actos sobre menores (por exemplo, o encontro nacional convocado pola Plataforma da Infancia, e a Conferencia Anual da Rede Europea ENOC); promoveuse en Galicia un anuncio televisivo no que se tratou de concienciar os menores dos perigos de colgar as súas fotos en internet; con motivo do Vixésimo (20º) Aniversario da Convención dos Dereitos do Neno, emitiuse unha declaración institucional na que se recordaba a importancia de tal efeméride e se subliñaba o compromiso da institución na súa defensa; participouse na presentación e elaboración dun titorial elaborado pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia sobre a protección dos menores ante os medios de comunicación; e reeditouse o folleto, elaborado coa colaboración de UNICEF, O meu libro dos dereitos.

Poucas queixas
Polo que respecta ás queixas relacionadas con problemas que afectan á protección dos menores, só se tramitaron no último exercicio 28, un número baixo xustificado pola propia natureza vulnerable deste sector de poboación que, no caso de acudir a institucións na defensa dos seus dereitos e liberdade, fanno por medio de adultos e familiares. O funcionamento dos puntos de encontro familiar; ou a preocupación dalgunhas personas pola falta de garantías nas adopcións internacionais foron algunhas das cuestións que recaeron na área.

Esta entrada fue publicada en VALEDOR DO POBO, Vicevaledor Primeiro. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s