A Lei de familia será a primeira do Estado en recoñecer ás persoas maiores como membros activos da familia

A futura Lei de apoio á familia e á convivencia, cuxo borrador foi presentado hoxe, creará o Rexistro galego de familias monoparentais e impulsará o acollemento familiar para os menores

A nova normativa fomenta a conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través da definición de medidas como centros de atención á infancia en contornos laborais

Creará o Consello Galego das Familias

Senta as bases do Plan Galego de apoio á familia e á natalidade e promove a colaboración a distintos niveis para elaborar os Plans municipais de familia e natalidade

Será a primeira do Estado en abrir a posibilidade de que a muller xestante se declare como unidade familiar

  • Beatriz Mato, xunto á secretaria xeral de Familia, Susana López Abella, no acto de presentación do anteproxecto da nova Lei de apoio á familia e á convivencia
    Autor: Ana Varela
  • Beatriz Mato, xunto á secretaria xeral de Familia, Susana López Abella, no acto de presentación do anteproxecto da nova Lei de apoio á familia e á convivencia
    Autor: Ana Varela
  • Beatriz mato á súa chegada ao acto
    Autor: Ana Varela

Santiago, 19 de maio de 2010.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe ás entidades sociais o anteproxecto da nova Lei de apoio á familia e á convivencia, que está a elaborar este departamento. Trátase dun texto que se sitúa á vangarda do Estado, e que incorpora distintas figuras novidosas como a creación do Rexistro Galego de familias monoparentais, o impulso do acollemento familiar e o recoñecemento das persoas maiores como membros activos da familia.

No acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, participou tamén a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella. En total, asistiron máis dun centenar de representantes de distintas entidades vinculadas á familia e ao seu ámbito de actuación.

Mato explicou que a posta en marcha desta iniciativa responde á necesidade de “adaptar” a normativa á sociedade actual e de “anticiparse o futuro”, sempre baixo o eixo fundamental da promoción da calidade de vida. “A familia é a rede esencial de protección non só na infancia, senón ao longo de toda a vida”, asegurou.

A elaboración deste texto, recollido en tres títulos ademais do preliminar, fomentará tamén a protección de quen máis o necesita. Ademais, a nova Lei da familia será un instrumento integral e transversal para o futuro de Galicia, na que estarán implicados todos os departamentos da Xunta, xa que define tamén os ámbitos de actuación para a promoción do benestar do núcleo familiar: atención sociosanitaria, educación e formación, participación, voluntariado e lecer e cultura.

Entre os seus obxectivos, cabe destacar que promove a igualdade, protexe á maternidade, defende aos máis débiles e conta coas persoas maiores. De feito, a normativa será tamén a primeira de España en tomar en consideración aos maiores como membros activos da familia.

Ademais, é preciso sinalar que un dos eixos principais deste texto é o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral –que por primeira vez en Galicia se recolle cun título propio- coa definición de medidas específicas como o impulso de centros de atención á infancia en entornos laborais.

No que se refire ao resto de actuacións en materia de conciliación, o borrador desta normativa define tamén fórmulas de traballo que non esixen presenza física, e a preferencia das mulleres e homes con fillos e fillas a cargo na elección de quendas de traballo.

En canto á natalidade, o texto senta as bases para a elaboración do Plan galego de apoio á familia e á natalidade como instrumento de planificación estratéxica para a atención, apoio e protección ás familias galegas. Así, promove a colaboración entre os distintos niveis de organización territorial fomentando a elaboración de instrumentos específicos como os Plans municipais de familia e natalidade. A Lei garante tamén medidas económicas e fiscais de apoio á familia.

Atención aos máis vulnerables
Ademais, por primeira vez en Galicia, unha normativa de familia asegura a atención a familias con persoas potencialmente vulnerables a cargo. De feito, outorgarase unha especial consideración ás familias que teñen a cargo persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, así como ás familias numerosas e ás monoparentais.

Este amparo específico permitirá que nas futuras medidas de apoio aos núcleos familiares aqueles que teñan estas características específicas sexan colectivos prioritarios á hora de determinar os beneficiarios.

O texto fai fincapé na promoción da acollida e a adopción, e apoia especificamente ás mulleres xestantes en situación de risco ou vulnerabilidade social. Así, a normativa será o primeira do Estado en abrir a posibilidade de que a muller xestante se declare como unidade familiar.

Esta nova lei, de carácter integral e transversal, recoñece a igualdade de dereitos de todos os membros da familia e respecta tamén a liberdade para organizar a convivencia: matrimonio e parentesco, familias monoparentais e parellas de feito.

Ademais, está comprometida coas familias numerosas e acolledoras, polo valor social da súa achega; coas familias monoparentais, pola especial dificultade de asumir individualmente esta responsabilidade; e coas familias con maiores, dependentes ou persoas con discapacidade o cargo por asumir unha tarefa que nos compete a todos e todas.

Consello Galego das familias
A nova Lei da Familia establece tamén a creación do Consello Galego das Familias, do Observatorio galego da familia, así como de servizos de apoio e atención as familias a través das tecnoloxías da información e comunicación.

A normativa promove tamén redes de recursos de apoio ás familias, entre os que se contan centros de atención á infancia, centros de atención a persoas maiores e/ou con dependencia, gabinetes de orientación familiar e puntos de encontro familiar.

Esta mesma semana o texto será remitido ás entidades, para que ao longo dos próximos días –e durante aproximadamente un mes- presenten as súas alegacións á normativa, co fin de pechar un proxecto consensuado entre todos.
 

Tema: Benestar
Departamento: Consellería de Traballo
Esta entrada fue publicada en Beatriz Mato, LA FAG, Susana Lopez Abella, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a A Lei de familia será a primeira do Estado en recoñecer ás persoas maiores como membros activos da familia

  1. familiasdeacollida dijo:

    LA FAG ESTUVO PRESENTE

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s