DOG – AXUDAS LIBROS ESCOLARES

http://www.xunta.es/doc/Dog2010.nsf/78b9acf1e0552bebc125725f00468abd/9bc1a9a361de316dc12577310062ba45?OpenDocument

 

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se

convocan axudas para a adquisición de

libros de texto, materiais curriculares e

material didáctico e complementario destinadas

ao alumnado matriculado en centros

sostidos con fondos públicos en 1º, 2º,

5º e 6º de educación primaria e en educación

especial no curso escolar 2010-2011.

 

A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora

do dereito á educación (BOE do 4 de xullo) establece,

no seu artigo 1, que todos os españois teñen

dereito a unha educación que lles permita o desenvolvemento

da súa propia personalidade e a realización

dunha actividade útil á sociedade.

……………………

Artigo 7º.-Determinación da unidade familiar.

1. Para os efectos previstos nesta orde, considérase

que conforman a unidade familiar:

-Os pais non separados legalmente e, se for o caso,

o titor ou persoa encargada da garda e protección do

menor.

-Os fillos menores de idade, con excepción dos

emancipados.

-Os fillos maiores de idade con discapacidade física,

psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente,

suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

convivan no domicilio familiar a 31 de decembro

do ano 2008.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade

familiar entenderase constituída polo pai, a nai e

todos os fillos dos pais que convivan con eles e que

reúnan os requisitos do punto anterior. No caso de

que non exista convivencia deberá acreditarse documentalmente

mediante o correspondente certificado

de empadroamento.

3. No caso de falecemento dalgún dos proxenitores

do alumno/a que convivisen con el, acreditarase

mediante certificado de defunción.

4. A separación ou divorcio acreditarase mediante

sentenza xudicial que a determine ou convenio regulador

onde conste a custodia do menor.

5. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores

con custodia compartida acreditada mediante

sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores

incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

6. En casos especiais en que a unidade familiar

non estea conformada do xeito establecido no punto

1 deste artigo, deberá achegarse certificado de

empadroamento en que figure o alumno/a polo cal se

solicita a bolsa e todos os familiares que convivan

con el, así como certificado dos servizos sociais do

municipio que acredite tal extremo.

 

7. Nos supostos en que o solicitante da axuda sexa

un menor en situación de acollemento, será de aplicación

á familia de acollida o disposto nos parágrafos

anteriores.

 

8. Para os menores que se atopen en situación de

garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia,

a solicitude poderá ser formulada polo/a director/

a do centro de menores correspondente. Neste

caso o alumnado recibirá a axuda máxima, non sendo

necesaria a acreditación de datos da unidade

familiar nin do nivel de renda.

…………………………………….

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s