O venres remata o prazo de preinscripción para a nova escola infantil A Galiña Azul de Tras Parlamento, en Santiago

Santiago, 4 de setembro de 2010.- O vindeiro venres 10 de setembro remata o prazo de preinscripción para a nova escola infantil A Galiña Azul de Santiago-Tras Parlamento, que ofertará 41 prazas.

A preinscripción pode realizarse en calquera das dúas escolas da Rede A Galiña Azul que xa están en funcionamento na cidade, San Roque e Polígono do Tambre, en horario de 9:00 a 16:00 horas.

As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o próximo 17 de setembro e poderanse presentar reclamacións ás mesmas durante 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación destas listas. As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 4 de outubro.

Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios dos concellos, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na páxina web http://www.igualdadebenestar.org. Ademais, nesta mesma páxina web atópase tamén publicada a información relativa á documentación que hai que presentar e pódese descargar a instancia de solicitude.

Finalmente, o prazo para formalizar a matrícula nesta escola infantil será do 5 ao 15 de outubro. A entrada en funcionamento será no terceiro trimestre deste ano.

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s