O venres remata o prazo de preinscripción para as novas escolas A Galiña Azul de A Parda e da Universidade As escolas entrarán en funcionamento a principios do próximo ano

As escolas entrarán en funcionamento a principios do próximo ano

Santiago, 4 de setembro de 2010.- O prazo de preinscripción e matrícula para as novas escolas infantís de A Parda e da Universidade, en Pontevedra, rematará o vindeiro venres, 10 de setembro.

A preinscripción pode realizarse no Departamento Territorial da Xunta en Pontevedra, na rúa Fernández Ladreda 43, en horario de 8:30 a 14:30. Para solicitar información pódese chamar ao teléfono 664 004 525.

As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o próximo 17 de setembro e poderanse presentar reclamacións ás mesmas durante 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación destas listas. As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 4 de outubro.

Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios dos concellos, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na páxina web http://www.igualdadebenestar.org. Ademais, nesta mesma páxina web atópase tamén publicada a información relativa á documentación que hai que presentar e pódese descargar a instancia de solicitude.

Finalmente, o prazo para formalizar a matrícula nestas escolas infantís será do 5 ao 15 de outubro. A entrada en funcionamento será a principios do próximo ano.
 

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s