O número de prazas da segunda edición de ‘Montaña en familia’ increméntase un 50% co fin de dar resposta á demanda deste paquete turístico

A Consellería de Cultura e Turismo e mais a Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa Estación de Montaña de Manzaneda e coa Asociación Galega de Familias Numerosas, desenvolven por segundo ano consecutivo esta iniciativa dirixida a incentivar o turismo de montaña entre as familias numerosas con prezos especiais nas estadías

Durante todas as fins de semana de setembro e outubro, cen familias numerosas poderán gozar da estancia na montaña durante a fin de semana abonando 35 euros por persoa. Ademais os menores de 12 anos teñen un desconto do 50% sobre ese prezo

O prezo que terá que abonar cada persoa é de 35 euros, mentres que os menores de 12 anos terán un desconto dun 50%

Santiago, 8 de setembro de 2010.- A segunda edición do programa Montaña en Familia, que botou a andar a primeira fin de semana de setembro, vén de incrementar nun 50% o número de prazas ofertadas inicialmente, dada a acollida inicial deste paquete turístico. Así, durante todas as fins de semana de setembro e outubro un total de 150 familias numerosas galegas poderán participar nesta iniciativa.

O programa está promovido pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar e mais pola Secretaría Xeral para o Turismo-Turgalicia, en colaboración coa Estación de Montaña de Manzaneda e mais coa Asociación Galega de Familias Numerosas.

A iniciativa consiste nunha oferta especial destinada a familias numerosas que queiran gozar dunha estadía diferente en contacto coa natureza, que inclúe aloxamento en apartamentos e a pensión completa, xunto a un variado programa de actividades. Montaña en Familia busca incentivar o desenvolvemento do turismo de montaña, ao tempo que fomenta o turismo familiar e a calidade de vida das familias numerosas galegas.

O prezo por persoa é de 35 euros e os nenos menores de 12 anos terán un desconto dun 50% do prezo, compartindo apartamento con dous adultos. O prezo inclúe o aloxamento en apartamentos de ata sete persoas, a pensión completa e o programa de actividades. O transporte será por conta dos participantes.

Manzaneda é una estación de esquí e montaña turístico-deportiva, con diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano, onde se poden practicar deportes como sendeirismo, montañismo, escalada (rocódromo), tiro con arco, golf en campo rústico ou quads. A contorna é o bosque de dúas mil hectáreas de extensión que rodea a estación e que permite gozar dunha estadía diferente en contacto coa natureza.

Para anotarse no programa Montaña en Familia é necesario ter a condición de familia numerosa galega, que se deberá demostrar mediante a presentación do correspondente libro de familia na recepción da Estación de Manzaneda. O número mínimo de persoas participantes por cada familia é de cinco.

A estadía en Manzaneda inclúe a opción de participar en diversas actividades. Os venres, hai sesión de Spa, con jacuzzi, piscina climatizada e sauna finlandesa. O sábado pódese participar na recollida de cogomelos, facer sendeirismo interpretativo, montar a cabalo ou en kart e tamén volver a disfrutar do spa. Pola noite pódese participar da festa nocturna e ir á discoteca. Xa o domingo hai unha sesión de xogos populares seguida doutra de tiro con arco.

A inscrición no programa Montaña en Familia pode facerse a través dunha chamada telefónica ao 988309090 ou do envío dun fax ao 988310875 citando o nome do programa e o número de membros da familia que se anotan. Tamén se pode enviar un correo electrónico con esta información ven@manzaneda.com.

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s