11ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

http://igualdade.xunta.es/node/908

Nesta xornada, que terá lugar o 2 de outubro nas instalacións de INEF Galicia preto da praia de Bastiagueiro (Oleiros-A Coruña), queremos transmitirlles ás nais e pais o importante labor que poden intentar realizar co fin de apoiar a libre elección e participación das súas fillas e fillos na práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero que mediaticen a dita práctica.

De cara ao profesorado asistente, interésanos potenciar a coeducación nas clases de educación física para que se dean unhas relacións de xénero máis simétricas; para que tanto as rapazas como os rapaces se sintan a gusto nelas e teñan as mesmas oportunidades de expresarse a través do deporte.

O feito de incidir na idea de colaboración entre a institución familiar e a escolar no ámbito da educación en igualdade é un dos puntos de referencia no desenvolvemento desta xornada; colaboración que queremos facer extensiva a todas aquelas institucións con responsabilidade en políticas de dirección e xestión no eido deportivo, de cara á promoción e organización de actividades deportivas non sexistas.

Desde a Secretaría Xeral de Igualdade, asumimos o compromiso de lle ofrecer á sociedade modelos deportivos de referencia como unha vía de superación dos estereotipos de xénero asociados ao deporte.

A educación en igualdade é o noso obxectivo, pero tamén unha cuestión de concienciación á que esperamos contribuír para así, aos poucos, conseguir que se torne en realidade.

Tema:

Departamento:

Colectivo:

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s