dia 28 de Octubre

DIA INTERNACIONAL DE LAS FAMILIAS ACOJEDORAS

Posteado por: familiasdeacollida | Octubre 28, 2009

NOTA DE PRENSA

O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA INCREMENTAR O APOIO DA XUNTA ÁS FAMILIAS ACOLLEDORAS DE MENORES EN RISCO OU EXCLUSIÓN
Laura Seara denuncia a “falla de sensibilidade de Feijóo” con esta situación e lembra que as familias acolledoras levan sen percibir axuda da Xunta dende a súa chegada ao Goberno

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 09. O pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha Proposición non de Lei socialista destinada a incrementar o apoio da Xunta ás familias acolledoras de menores en risco ou exclusión. Esta iniciativa foi presentada pola portavoz de Políticas Sociais e Igualdade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Laura Seara, que aceptou unha emenda presentada polo BNG.

A iniciativa aprobada reclama o incremento das prestacións económicas para estas familias, reclamando ao Executivo que realice unha maior transparencia nas xestións de acollemento e mesmo que desenvolva unha maior difusión desta figura e poña en marcha un protocolo de coordinación entre as administracións que hoxe establecen “criterios dispares incluso dende as propias delegacións da Xunta”.

A proposta reclama, ademais, o fomento dos acollementos de urxencias para evitar o internamento de menores de corta idade, ou o reforzo dos mecanismos para incrementar o acollemento en familias alleas. Seara insta ao Goberno galego a poñer en marcha unha campaña de sensibilización e difusión para potenciar a figura do acollemento familiar.

Falla de sensibilidade de Feijóo

Seara instou ao PP a apoiar esta iniciativa para “emendar a falla de sensibilidade de Feijóo” e lembrou que estas familias “levan sen percibir axuda da Xunta dende o mes de abril”, coincidindo coa chegada do PP á Xunta. A portavoz socialista contrapuxo esta actitude co Plan Estratéxico Galego da Infancia e Adolescencia 2007-2010, elaborado polo anterior goberno, e que “fixo que Galicia pasara de ser unha das autonomías con máis internamentos a ter o maior incremento de acollementos”.

A parlamentaria socialista dixo que o apoio que estas familias perciben da Xunta é polo tanto “claramente mellorable” e mesmo “as propias organizacións que xestionan este proxecto están alertando da falta de familias de acollida para menores”. Reclamou así o apoio de forma que a súa situación económica non se resinta e contribuír a “construír unha verdadeira cultura do acollemento”.

Seara apunta que no ano 2008 a Xunta de Galicia tutelou a un total de 2.689 menores en Galicia, 1.284 dos cales estiveron acollidos en residencias, e outros 1.400 pasaron a vivir con familias acolledoras, 455 dos cales eran fogares sen remuneración e outros 857 en réxime de acollemento remunerado.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Aumentar as prestacións económicas a aquelas familias acolledoras de menores.
2. Fomentar os acollementos de urxencia para evitar o internamento de menores de corta idade.
3. Reforzar os mecanismos para incrementar o acollemento en familias alleas.
4. Poñer en marcha unha campaña de sensibilización e difusión para potenciar a figura do acollemento familiar en Galicia.
5. Poñer en marcha os protocolos necesarios para garantir unha correcta intervención conxunta de todos os axentes implicados no acollemento familiar, como os e as profesionais dos centros de protección, as entidades colaboradoras e as Administracións competentes.
6. Dar conta no Parlamento dos resultados da implantación do Plan Estratéxico Galego da Infancia e da Adolescencia 2007-2010 e continuar coa súa execución en materia de prevención e detección de situacións de risco nos menores, promoción do bo tratamento á infancia, melloría dos niveis de protección, atención a menores con medidas xudiciais e de formación dos profesionais e modernización das infraestruturas de atención.
7. Manter o Observatorio Galego da Infancia criado polo Decreto 184/2008, de 24 de xullo, impulsando os seus grupos de traballo, nomeadamente o relativo aos problemas emerxentes da infancia: nenos e nenas inmigrantes, nenos e nenas maltratados e maltratadas e maltratadores e maltratadoras dos seus pais e nais, absentismo escolar, etc.”
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Anuncios
Esta entrada fue publicada en familias acolledoras, PARLAMENTO GALEGO. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s