A Xunta é premiada pola Federación Española de Familias Numerosas pola súa xestión nos programas desta área

A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, recollerá o galardón este sábado en Madrid no marco do VII Congreso Nacional de Familias Numerosas

A asociación recoñece con este premio a disposición amosada pola Administración autonómica para incluír na futura Lei de Apoio a Familia e á Convivencia as consideracións e opinións dos representantes das familias numerosas

Santiago, 28 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia recibirá este sábado un premio que lle outorgará a Federación Española de Familias Numerosas en recoñecemento da súa xestión nos programas que desenvolve a Consellería de Traballo e Benestar.

A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, recollerá en Madrid, no marco do VII Congreso Nacional de Familias Numerosas, o galardón ‘Familia Numerosa- José Ramón Losana’ na categoría de Organismo Público. No acto daranse cita centos de familias numerosas de toda España.

En concreto, a Federación Española de Familias Numerosas vén de concederlle este premio á Xunta de Galicia polo seu apoio a iniciativas deste colectivo e pola súa participación en eventos organizados pola Asociación Galega de Familias Numerosas.

Así mesmo, a federación recoñece a xestión da Administración autonómica en iniciativas de ocio e vacacións en familia, destacando o programa de verano que se desenvolve en Panxón e o de Montaña en Familia que se realiza na Estación de Manzaneda de Ourense.

Ademais, esta asociación tivo en conta tamén á hora de conceder o galardón a disposición da Xunta de incluír na futura Lei de Apoio á Familia e á Convivencia as opinións e consideracións amosadas polos representantes das familias numerosas.

Os premios ‘José Ramón Losana’, bautizados así en memoria do anterior presidente da Federación Española de Familias Numerosas, son outorgados cada dous anos a entidades e persoas que apoien e traballen en favor da familia e das familias numerosas.

Esta entrada fue publicada en familias, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s