Galicia rexistrou un total de 338 adopcións nacionais e internacionais ao longo de 2010

Desenvolvéronse un total de 279 preasignacións de menores procedentes doutros países, ás que se sumaron os 59 autos de adopción nacional producidos

A maioría das adopcións internacionais tiveron lugar en Etiopía, Vietnam, China e Colombia, aínda que tamén se produciron noutros países como Filipinas, Hungría e Rusia

O novo Portal Galego de Adopcións, que Benestar puxo en marcha a finais de novembro, xa conta con 288 usuarios inscritos

9 de xaneiro de 2010.- Galicia pechou o ano 2010 cun total de 338 adopcións realizadas, se temos en conta as 279 preasignacións internacionais e 59 autos de adopción nacional desenvolvidos. Ao longo do exercicio, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, recibiu un total de 587 solicitudes tanto para desenvolver adopcións nacionais como internacionais.

Por países, a maior parte das presasignacións internacionais corresponderon a adopcións de nenos e nenas de Etiopía (92); Vietnam (79); China (28); e de Colombia (24). O resto corresponderon a países como Filipinas, Hungría, Rusia, Ucraína, Kazajstán, Polonia, Brasil, Bulgaria, Costa de Marfil, Nepal e Perú.

É preciso lembrar que a preasignación de menores no ámbito internacional supón un dos últimos trámites para que a adopción sexa efectiva, xa que se produce cando o país de orixe asigna a un menor susceptible de ser adoptado e facilita toda a documentación coa información relativa ao neno ou nena á Secretaría Xeral de Familia e Benestar ou á ECAI.

Estas últimas son as entidades colaboradoras de adopción internacional que sen ánimo de lucro e legalmente constituídas teñen nos seus estatutos como fin a protección de menores, así como a intermediación na adopción internacional, é dicir, as ECAI poñen en contacto aos solicitantes cos organismos ou institucións competentes para a adopción no país do que se trate.

Requisitos
Ademais das ECAI, os expedientes de adopción internacional tamén poden ser tramitados pola Secretaría Xeral vía Ministerio. Non obstante, a maioría dos países de orixe dos menores esixen que a tramitación se realice a través de ECAI.

Unha vez que chega a preasignación, tanto a familia como a Secretaría Xeral, previo informe do equipo de adopción, teñen que estar conformes coa preasignación para que se prosiga co expediente.

Con independencia do seu estado civil, calquera individuo, matrimonio ou parella de feito pode solicitar unha adopción. Para iso é necesario cumprir cos seguintes requisitos: ter como mínimo 25 anos (no caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas abondará con que un deles teña a devandita idade e, en todo caso, o que adopta deberá ter, polo menos, catorce anos máis que o adoptado); residir en Galicia e ter plena capacidade xurídica e de obrar.

Con carácter xeral só poden ser adoptados os menores non emancipados cando os seus pais foran privados da patria potestade; cando os seus pais deran a súa conformidade para a adopción (no caso de recen nados o consentimento da nai poderá prestarse ata que teñan transcorridos 30 días desde o parto); e cando foran abandonados.

Estes requisitos son esixidos tanto para adopcións internacionais como nacionais. No caso de nenos estranxeiros poderán ser adoptados cando exista consentimento por parte dos pais para a adopción e o xuíz ou autoridade administrativa competente declare que pode levarse a cabo a actuación.

Os interesados en adoptar un menor estranxeiro pódense dirixir aos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou ás ECAIs, onde serán informados e asesorados sobre requisitos, documentos e os trámites que se esixen.

Con carácter previo á presentación da solicitude é obrigatorio asistir a unha preparación previa impartida por técnicos de adopción da Secretaría Xeral de Familia e Benestar.

A solicitude presentarase no departamento territorial da Consellería correspondente ao seu domicilio e formularase para un país concreto.

O seguinte paso é facer un estudo e valoración para a declaración de idoneidade que supón un estudo psicolóxico e social dos solicitantes que se realiza coa finalidade de determinar se posúen as capacidades necesarias para adoptar a un neno ou nena. Despois comeza a tramitación e, por último, faise a preasignación e asignación.

Portal de adopcións
Por último, é preciso lembrar que a Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o pasado mes de novembro o Portal Galego de Adopcións que pretende ser unha ferramenta útil para todas aquelas persoas que estean pensando, teñan decidido ou xa realizaran unha adopción nacional ou internacional.

Galicia foi a segunda autonomía de todo o Estado en poñer en marcha a ferramenta telemática http://adopcions.xunta.es, que facilita toda a documentación que se precisa para levar a cabo unha adopción, así como a xestión telemática de certas fases do proceso, como a descarga da documentación necesaria para iniciar a tramitación.

No primeiro mes de funcionamento xa se inscribiron á web un total de 288 usuarios (tanto persoas que queren adoptar como as que xa iniciaron o proceso) e máis de 100 persoas fixeron consultas por correo electrónico.
Tema: Benestar
Departamento: Consellería de Traballo e Benestar

Esta entrada fue publicada en Susana Lopez Abella, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s