Publicado en DOG hoxe: prestación económica única por fillos/as menores de 3 anos‏

Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 2.575
ANEXO II
Solicitude de corrección do documento de identificación
Probas de acceso aos ciclos formativos de formación
profesional inicial
Don/dona…, que presentou a solicitude para probas
de acceso aos ciclos formativos de formación
profesional específica no IES/CIFP … e figura na
aplicación informática co seguinte número de
DNI/NIE/pasaporte …, solicita a súa corrección e
substitución polo número de identificación …, para
o que achega fotocopia deste.
…, … de … de 20…
Asinado: …
Visto e prace: o/a director/ora do centro.
Asinado: …
Subdirector/ora xeral de Formación Profesional
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 30 de decembro de 2010 pola que
se establecen as bases que rexerán a concesión
da prestación económica de pagamento
único por fillas e fillos menores de
tres anos para o ano 2011.
O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo
27º.23 asígnalle á comunidade autónoma competencia
exclusiva en materia de asistencia social.
A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da
infancia e da adolescencia establece no seu artigo
3º.2 como principio reitor da actuación dos poderes
públicos de Galicia o impulso dunha política
integral de apoio á familia que teña en conta as súas
necesidades básicas e as dos seus membros, regulando,
segundo o artigo 11º.3 aquelas prestacións económicas
ou técnicas, que teñan por obxecto incidir
favorablemente nas situacións de carencia familiar.
A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do
posible, os gastos dos primeiros anos de crianza
dunha filla ou fillo establece deducións da cota íntegra
autonómica do imposto sobre a renda das persoas
físicas polo nacemento de fillas ou fillos. Por outra
banda, o proxecto de lei de orzamentos xerais da
Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011
prevé que aquelas persoas que, na data de entrada en
vigor desta lei, tivesen ao seu cargo fillos menores de
tres anos terán dereito a percibir unha prestación de
360 euros por cada un deles cando, por razón dos
ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin
ningún dos membros da unidade familiar estivesen
obrigados a presentar a declaración polo imposto
sobre a renda das persoas físicas correspondente a
ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario
aínda sen estar obrigados a iso. A percepción
desta prestación axustarase ao procedemento que
estableza a Consellería de Traballo e Benestar, pero
exixirá a xustificación documental dos requisitos
precisos para o seu gozo, sen que a mesma filla ou
fillo poida dar lugar a máis dunha prestación. Esta
orde ten por obxecto regular os requisitos e o procedemento
para percibir esta prestación.
A orde da Consellería de Economía do 11 de
febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación
anticipada dos expedientes de gasto, modificada
pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde
do 25 de outubro de 2001, posibilita a tramitación
anticipada dos expedientes de gasto imputables ao
capítulo IV no exercicio inmediatamente anterior ao
dos orzamentos con cargo aos que se vaian imputar
os correspondentes gastos, sempre que exista crédito
axeitado e dabondo no proxecto de lei de orzamentos
aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
do día 19 de outubro de 2010.
De acordo co disposto no artigo 3º.1 da orde da
Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro
de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar
como máximo ata o momento anterior ao da disposición
ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o
establecido no artigo 5º da orde, todos os actos de
trámite ditados en desenvolvemento desta orde
enténdense condicionados a que, unha vez aprobada
a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
de Galicia para o ano 2011, subsistan as mesmas
circunstancias de feito e de dereito existentes no
momento da súa produción.
Esta orde adáptase ao disposto na Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais
normativa de desenvolvemento; así mesmo, adáptase
ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro,
xeral de subvencións, así como ao seu regulamento
aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de
xullo, tendo en conta en todo caso aos principios de
publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade,
igualdade, non discriminación e eficacia no
cumprimento dos obxectivos fixados pola administración
da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación
e na utilización dos recursos públicos.
Con este fin, no proxecto de Lei de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2011, na aplicación 12.02.312B.480.0 existe partida
orzamentaria consignada pola contía de
2.700.000 euros para as prestacións que se establecen
no articulado desta orde. Este crédito poderá ser
obxecto de ampliación.
Na súa virtude, en uso das facultades que teño
atribuídas,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde ten por obxecto o establecer as bases
polas que se rexerá a concesión da prestación fami2.576
DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011
liar por filla e fillo menor de tres anos, así como a
convocatoria destas axudas para este ano 2011.
Artigo 2º.-Persoas beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación
aquelas persoas que teñan fillas e fillos menores de
tres anos a data 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre
o 2-1-2008 e o 1-1-2011, inclusives) e que, por
razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin
elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen
obrigados a presentar a declaración polo imposto
sobre a renda das persoas físicas correspondente
a este período, nin a tivesen presentado de xeito
voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso do descendentes adoptados ou acollidos
entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro
de 2010, a prestación concederase durante os tres
anos posteriores á data da resolución xudicial ou
administrativa que a declare.
2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio
dos proxenitores, o beneficiario da prestación
será o pai ou a nai que teña a custodia dos menores,
de acordo co establecido no convenio regulador ou
sentenza de separación ou divorcio.
3. En ningún caso poderán ser beneficiarios os
proxenitores privados da patria potestade das súas
fillas ou fillos. Tampouco poderán ser beneficiarios
aqueles que teñan fillas ou fillos cuxa tutela ou garda
asumira unha institución pública.
4. Os estranxeiros que residan en Galicia poderán
beneficiarse desta prestación sempre que cumpran
as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos
e liberdades dos estranxeiros en España e os requisitos
establecidos nesta norma e tivesen a condición
de contribuíntes para os efectos do disposto na
Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda
das persoas físicas.
5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os
requisitos establecidos no artigo 10º da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 3º.-Requisitos.
Será requisito necesario para a concesión da prestación:
-Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual
en Galicia. No caso de que da documentación
presentada se poida deducir que isto non é así,
poderán ser requiridos para que acheguen a documentación
complementaria que o demostre.
-Que na data da solicitude os menores convivan
coa persoa solicitante.
Artigo 4º.-Tipo de axuda e contía.
A prestación consistirá nun pagamento único por
cada filla ou fillo menor de tres anos, a contía da
prestación será de 360 euros por cada un das fillas
ou fillos, sen que o mesmo descendente poida dar
lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.
1. Novas solicitudes.
A solicitude formalizarase no modelo oficial que
figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte
documentación:
a) Fotocopia do libro de familia ou certificación
literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un
das fillas ou fillos menores de tres anos.
b) Certificado de empadroamento conxunto de toda
a unidade familiar.
c) Copia da sentenza de nulidade, separación ou
divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
d) Nos supostos de adopción ou acollemento, copia
da resolución xudicial ou administrativa que a
declare.
e) Fotocopia da folla da cartilla de aforros na cal
figure o número de conta en que se desexe recibir o
ingreso, e na cal deberá figurar como titular a persoa
que asina a solicitude. No caso de non dispoñer de
cartilla de aforros, poderá presentarse unha certificación
bancaria que indique expresamente que a
persoa solicitante é titular da conta a que se refire.
f) Unha declaración do conxunto de todas as axudas
solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto
por calquera administración pública, ou calquera dos
seus organismos, entes ou sociedade (anexo II).
Respecto do solicitante, a presentación da solicitude
comportará a autorización a Consellería de Traballo
e Benestar para obter do Ministerio de Política
Territorial e Administracións Públicas os datos do
seu documento nacional de identidade. Para que o
seu cónxuxe ou parella autorice a Consellería de
Traballo e Benestar para obter do Ministerio de Política
Territorial e Administracións Públicas os datos
do seu documento nacional de identidade, deberá
asinar no espazo destinado para tal fin no anexo I.
No caso de que o solicitante e seu cónxuxe ou parella
non queiran dar esta autorización, terán que
achegar a copia dos documentos.
Por outra banda, e tamén respecto do solicitante, a
presentación da solicitude da prestación comportará
a autorización a Consellería de Traballo e Benestar
para obter da Axencia Estatal de Administración
Tributaria e da Consellería de Facenda os datos de
carácter tributario necesarios para a determinación
da renda, e para o pagamento da prestación. Do mesmo
xeito, tamén é necesaria a autorización expresa
do seu cónxuxe ou parella, para o que deberá asinar
no espazo destinado para tal fin no anexo I.
No caso de que a persoa solicitante e seu cónxuxe
ou parella non queiran autorizar a Consellería de
Traballo e Benestar para obter os datos dos organismos
sinalados no parágrafo anterior, deberán presentar
a documentación correspondente xunto co
resto da documentación.
Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 2.577
2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias.
Se a persoa solicitante recibiu a prestación familiar
por filla ou fillo menor de tres anos no ano 2010
e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas
por este mesmo concepto, só terá que presentar a
solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I),
sempre e cando non se modificasen as circunstancias
persoais, xurídicas e económicas determinantes
do dereito de prestación.
Aquelas solicitudes que se presenten eliminando
delas algún dos proxenitores que figuraba o ano
anterior, deberán estar acompañadas da xustificación
documental correspondente:
-En caso de separación, copia da sentenza de nulidade,
separación ou divorcio e do convenio regulador,
de ser o caso.
-No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento
conxunto de toda a unidade familiar, que
poderá substituírse por un informe dos servizos
sociais do concello.
-En caso de falecemento, certificado de defunción
ou copia da folla do libro de familia onde figure esta
circunstancia.
3. Solicitudes para persoas que non foron anteriormente
beneficiarias e solicitaron a prestación.
Deberán achegar a documentación establecida no
artigo 5º.1 desta orde para as novas solicitudes.
4. En calquera dos tres casos anteriores, se a solicitude
non estivese debidamente cuberta ou non se
presentase a documentación sinalada, requirirase o
interesado para que no prazo de 10 días emende a
falta ou presente os documentos preceptivos, con
indicación de que, se así non o fixese, se entenderá
que desiste da súa petición, logo da resolución que
deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42º
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Artigo 6º.-Lugar e prazo para a presentación de
solicitudes.
1. O prazo de presentación das solicitudes será de
corenta días naturais, contados a partir do día
seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial
de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil,
entenderase prorrogado ao primeiro día hábil
seguinte.
2. A presentación da solicitude poderá facerse, á
escolla da persoa solicitante, por vía escrita ou por
vía telemática:
a) Vía escrita:
A solicitude máis a documentación requirida presentarase
na oficina de rexistro xeral do edificio
administrativo San Caetano en Santiago de Compostela
ou nos rexistros das delegacións territoriais da
Consellería de Traballo e Benestar, sen prexuízo do
disposto no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
b) Vía telemática:
A vía telemática establécese como un mecanismo
de presentación nun único trámite para aqueles solicitantes
que posúan un certificado dixital baixo a
norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de
Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda ou ben o certificado
de sinatura electrónica contido no DNI-e.
Poderá accederse a esta vía de presentación a través
da aplicación informática establecida no enderezo
da internet http://www.xunta.es/aplicacions/pfc,
onde se disporán os medios de axuda para a presentación
de solicitudes.
Unha vez asinado co certificado dixital do solicitante
o anexo I da solicitude, procederase á transferencia
telemática da documentación ao Rexistro
Telemático da Xunta de Galicia creado polo Decreto
164/2005, do 16 de xuño, modificado polo Decreto
38/2009, do 19 de febreiro.
Artigo 7º.-Resolución.
1. Correspóndelle á conselleira de Traballo e
Benestar a resolución destas axudas no prazo de 6
meses contados desde o día seguinte ao da data en
que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano
competente para a súa tramitación.
Transcorrido o prazo sen recaer resolución expresa,
as solicitudes teranse por desestimadas.
2. As resolucións recaídas neste procedemento
esgotan a vía administrativa, e contra elas pode
interpoñerse un recurso contencioso administrativo
ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no
prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da
notificación da resolución, de conformidade co disposto
na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da
xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición
do referido recurso contencioso-administrativo,
poderá interpoñerse un recurso de reposición ante o
órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do
día seguinte ao da notificación da resolución expresa.
Se a resolución é presunta, o prazo será de tres
meses, contados a partir do día seguinte a aquel en
que se produza o acto presunto.
Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá
interpoñerse un recurso contencioso-administrativo
sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso
extraordinario de revisión.
Artigo 8º.-Compatibilidade.
As prestacións reguladas nesta orde serán compatibles
con calquera outra establecida tanto polas
administracións públicas ou calquera dos seus organismos,
entes ou sociedades, como por calquera
entidade privada.
2.578 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011
Toda alteración das condicións tidas en conta para
a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención
concorrente de subvencións ou axudas outorgadas
por outras administracións ou entes públicos ou
privados, nacionais ou internacionais, poderá dar
lugar á modificación da resolución de concesión.
Artigo 9º.-Pagamento.
O pagamento das prestacións reguladas nesta orde
farase unicamente na conta que os solicitantes fixesen
constar no anexo I. Esta conta ten que permanecer
activa en canto non se teña constancia da finalización
do expediente. A Administración non se fará
responsable da imposibilidade de efectuar o ingreso
por causas alleas á propia tramitación do expediente.
O pagamento axustarase ao establecido no Decreto
lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro
e orzamentario de Galicia, modificado pola
Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias
e de réxime administrativo, en todo o que non
estea derrogado pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.
As persoas beneficiarias das axudas obríganse a
observar o disposto no artigo 11º da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, especificamente
ao seguinte:
a) Cumprir o obxectivo e executar as accións que
fundamentan a concesión das subvencións.
b) Someterse ás actuacións de comprobación, que
efectuará o órgano concedente, así como a calquera
outra actuación, sexa de comprobación e control
financeiro, que poidan realizar os órganos de control
competentes, tanto autonómicos coma estatais ou
comunitarios, para o que se achegará canta información
lle sexa requirida no exercicio das actuacións
anteriores.
c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención
doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos
que financien as actividades subvencionadas, así
como a modificación das circunstancias que fundamentasen
a concesión da subvención.
Esta comunicación deberá efectuarse no momento en
que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación
da aplicación dada aos fondos percibidos.
Artigo 11º.-Revogación da prestación.
Procederá o reintegro, total ou parcial, das axudas
públicas, xunto cos xuros de demora devengados segundo
o disposto no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:
a) A obtención da subvención falseando as condicións
requiridas para iso ou ocultando aquelas que o
impedisen.
b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da
actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento
que fundamentou a concesión da subvención.
c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás
actuacións de comprobación e control financeiro previstas
nos artigos 11º e 12º da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento
das obrigas contables, rexistrais ou de conservación
de documentos cando diso derive a imposibilidade
de verificar o emprego dado aos fondos percibidos,
o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade
das actividades subvencionadas, ou a concorrencia
de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a
mesma finalidade, procedentes de calquera administración
ou entes públicos ou privados, estatais, da
Unión Europea ou de organismos internacionais.
Artigo 12º.-Información.
A información relativa ao procedemento, que regula
a prestación económica de pagamento único por
fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2011,
poderase obter nos seguintes enderezos da internet:
traballoebenestar.xunta.es, familiasgalegas.org e
http://www.xunta.es/busca-de-procedementos, así como no
teléfono 981 54 72 46.
Disposicións adicionais
Primeira.-De acordo co disposto no artigo 3º.1 da
orde da Consellería de Economía e Facenda do 11
de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá
chegar como máximo ata o momento anterior ao
da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo,
segundo o establecido no artigo 5º da dita orde,
todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento
desta orde enténdense condicionados a que, unha
vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2011, subsistan
as mesmas circunstancias de feito e de dereito
existentes no momento da súa produción.
Segunda.-As persoas beneficiarias encóntranse
suxeitas ao réxime de infraccións e sancións que en
materia de subvencións establece o título IV da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Terceira.-As prestacións económicas concedidas
non se publicarán no Diario Oficial de Galicia, por ser
un dos supostos de excepción contidos no artigo 15º.2
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
e no artigo 9º.3 do Decreto 132/2006, do 27 de
xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados
nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma
de Galicia para o ano 2006.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte
ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Segunda.-Facúltase a persoa titular do órgano
superior da consellería competente en materia de
familia e benestar para ditar cantas disposicións
sexan precisas en relación con esta norma.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 2.579
ANEXO I
PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO
SOLICITUDE
PROGRAMA DE PRESTACIÓN POR FILLAS E FILLOS
MENORES DE TRES ANOS BS410A
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Secretaría Xeral de Familia e Benestar
RECIBIDO
REVISADO E CONFORME
NÚMERO DE
EXPEDIENTE
DATA DE ENTRADA
DATA DE EFECTOS
DATA DE SAÍDA
____ /____/______
____ /____/______
____ /____/______
________________
(Para cubrir pola Administración)
LEXISLACIÓN APLICABLE
SINATURA DO/A SOLICITANTE OU DA PERSOA QUE O/A REPRESENTA
Orde do 30 de decembro do 2010 pola que se establecen as bases que
rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e
fillos menores de tres anos para o ano 2011.
, de de
Secretaria xeral de Familia e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar
ENDEREZO
NIF/NIE
PROVINCIA CONCELLO
LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE (PAI OU NAI)
APELIDOS NOME
DATOS DO CÓNXUXE OU PARELLA (SE É O CASO)
NIF APELIDOS NOME
BENEFICIARIO DA AXUDA EN 2010
APELIDOS E NOME DATA DE NACEMENTO/ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO
DATOS DOS FILLOS/AS MENORES DE TRES ANOS
DATOS BANCARIOS
NOME DO BANCO ENDEREZO (RÚA E NÚMERO)
PROVINCIA CÓDIGO POSTAL
CÓDIGO BANCO CÓDIGO SUCURSAL DC CÓDIGO CONTA CORRENTE
POBOACIÓN
En cumprimento do disposto no artigo 5º da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude
se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a: Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar, edificio administrativo San Caetano,
15781 Santiago de Compostela, como responsable do ficheiro.
Dou expresamente o meu consentimento para a comprobación telemática do DNI segundo o desposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a
documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e AUTORIZO a Secretaría Xeral de Familia e
Benestar para que, conforme o disposto no artigo 2º.4 da orde do Ministerio de Economía e Facenda do 18 de novembro de 1999, solicite información da Axencia Estatal de
Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, en relación co cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e coa Comunidade Autónoma de Galicia
SINATURA DO PROXENITOR QUE NON APAREZA COMO PERSOA SOLICITANTE
(No caso de non dar estas autorizacións debe anexar copia compulsada da documentación correspondente)
PERCIBIU OU SOLICITOU
NON PERCIBIU NIN SOLICITOU
D/Dª
DECLARA QUE: OUTRAS AXUDAS POR FILLO/A MENOR DE TRES ANOS
SI NON
2.580 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 31  Martes, 15 de febreiro de 2011
, con NIF/NIE nº
(Sinale a opción que corresponda)
Lugar e data
D/Dª
DECLARA:
, de de
Que non ten solicitado nin percibido doutra administración pública ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades
ningunha axuda por fillos/as menores de tres anos.
Que ten solicitadas ou concedidas as seguintes axudas por fillos/as menores de tres anos:
1.
2.
3.
Administración pública/organismo/ente ou sociedade Importe
Resolución do 24 de xaneiro de 2011, da
Dirección Xeral de Promoción do Emprego,
pola que se dá publicidade ás axudas
concedidas ao abeiro da Orde do 30 de
decembro de 2008 pola que se establecen
as bases reguladoras dos programas de
incentivos á contratación por conta allea
como medida para favorecer a inserción
da mocidade, cofinanciados polo Fondo
Social Europeo, e se procede a súa convocatoria
para o ano 2009 (Diario Oficial
de Galicia número 10, do 15 de xaneiro).
En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia
das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións
orzamentarias 48.04.322C.470.2, 48.04.322C.470.3,
48.04.322C.470.4, 48.04.322C.470.6, 48.04.322C.
470.8, 48.04.322C.472.1 e 48.04.322C.472.3 ao
abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que
se establecen as bases reguladoras dos programas de
incentivos á contratación por conta allea como medida
para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados
polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia
número 10, do 15 de xaneiro de 2009).
Este programa está cofinanciado polo Fondo Social
Europeo, nunha porcentaxe do 80%, a través do Programa
operativo do FSE de Galicia 2007-2013,
número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola
Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro
de 2007.
Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2008
pola que establecen as bases reguladoras dos programas
de incentivos á contratación por conta allea
como medida para favorecer a inserción da mocidade,
cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario
Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de
2009).
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2011.
Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Promoción do Emprego
ANEXO II

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s