Benestar abre hoxe o prazo para solicitar unha praza en 126 escolas infantís da Rede Galiña Azul da Xunta

Benestar abre hoxe o prazo para solicitar unha praza en 126 escolas infantís da Rede Galiña Azul da Xunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar algunha das prazas públicas de 0-3 anos

O proceso de matriculación comezará este ano con nove escolas máis que o pasado ano, ás que se sumarán as vinte que abrirán ao longo de 2011

O oferta de prazas nas escolas da Xunta ascende na actualidade a máis de 7.500, o que supón 634 máis que ao inicio do curso pasado

A resolución cos prazos e lugar de presentación de instancias pode consultarse na web http://www.escolasinfantis.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena

A orde que anunciará o comezo do prazo para pedir unha praza nas escolas da Estrela, en Vigo, e do complexo administrativo da Xunta, en Pontevedra, sairá publicada a mediados do mes de abril

VolverImprimirEnviar
.Santiago, 9 de marzo de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir hoxe o prazo para solicitar unha praza en 126 escolas infantís da Xunta de Galicia, integradas todas elas na Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web http://www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

Ás 126 escolas hai que sumarlles dúas máis que tamén forman parte da Rede Galiña Azul, aínda que a convocatoria que anunciará o comezo do proceso de matriculación sairá publicada no DOG a mediados do próximo mes de abril, xa que son dous centros con prazas reservadas para traballadores da Xunta. Trátanse das escolas infantís da Estrela, en Vigo, e a do Complexo Administrativo da Xunta, en Pontevedra. A escola de Vite, en Santiago, incluirase en ambas ordes de convocatoria, xa que este centro conta con prazas para traballadores da Xunta e para os que non o son.

En total, a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul da Xunta incluirá o vindeiro curso nove centros máis que o pasado ao contar coas novas escolas abertas nos últimos meses en Eirís e Monte Alto, na Coruña, Valadares, en Vigo, Tras Parlamento, en Santiago, e A Parda, Campus Universitario e Complexo Administrativo da Xunta, en Pontevedra, así como as de Sada e Mos Coto-Torrón, que abrirán proximamente.

O total de prazas nas 128 escolas da Xunta para o mes de setembro ascende así a máis de 7.500, o que supón 634 prazas máis que ao comezo do presente curso. Por provincias, a oferta é de 2.647 prazas na Coruña, 824 en Lugo, 1.083 na provincia de Ourense e 2.959 en Pontevedra.

Ademais destas prazas, a Xunta traballa na posta en marcha doutras escolas infantís durante o ano 2011, as de Ames-Bertamiráns, Betanzos, Carnota, Coirós, Coristanco, Curtis, Fisterra, O Pino, Sobrado dos Monxes, Alfoz, Baralla, O Incio, Vilalba, A Merca, Cartelle, Oimbra, Verín, Sanxenxo e Vigo. Os procesos de matrícula para eses centros abriranse a medida que se concrete a data definitiva de entrada en funcionamento.

Xunto a esas máis de 7.500 prazas da Rede A Galiña Azul ofertadas neste prazo ordinario de matrícula, as previsións son rematar este ano 2011 superando as 8.300 prazas. Dende o comezo da lexislatura, cando a oferta en centros 0-3 era de 5.424 prazas, o Goberno galego leva xa creadas máis de 2.000 novas prazas en escolas infantís. O obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar é crear un total de 4.500 novas prazas en escolas infantís nesta lexislatura.

Total de prazas públicas
En total, as prazas públicas sostidas con fondos públicos superan as 16.100 en Galicia, xa que ás 7.500 que forman parte da Rede Galiña Azul hai que sumarlles as 1.200 prazas que se financian con cheque infantil, as 3.000 que se subvencionan de escolas dependentes de entidades privadas de iniciativa social e as máis de 4.800 prazas que a Xunta financia en escolas infantís municipais.
..Tema: Benestar; Educación
Departamento: Consellería de Traballo e Benestar

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s