PROXECTO DE LEI DE APOIO Á FAMILIA E Á CONVIVENCIA DE GALICIA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

I

A Comunidade Autónoma de Galicia presenta dúas características indiscutibles que deben terse moi presentes á hora de articular os mecanismos de apoio á familia. Por unha parte, unha gravísima retracción da natalidade e un alarmante envellecemento da poboación que dificulta as posibilidades de renovación xeracional e en consecuencia, o mantemento do estado de benestar social acadado e o seu desenvolvemento. Por outra banda, un fondo apego da sociedade galega á súa identidade, que se traduce nun aprecio arraigado ás súas tradicións e valores familiares, como poden ser o respecto aos antepasados e maiores, os vínculos coas orixes, tanto no sentido familiar coma no sentido de arraigamento local.

A evolución histórica e a complexidade progresiva da organización social, atopan reflexo e acollida na familia como institución en permanente evolución. Fórmulas de convivencia que sen ser novas eran ata agora infrecuentes, teñen cabida na

familia como estrutura básica da sociedade e como medio natural de desenvolvemento e crecemento da persoa. Por iso é deber dos poderes públicos recoñecer e amparar a familia e tódalas súas manifestacións e formas de organización, dándolles un especial apoio e protección.

Tal apoio non pode ser consecuencia dun afán dirixista ou intervencionista, considerando que estamos a tratar a institución máis próxima e achegada ás persoas e que, por tanto, debe ser tratada co máximo respecto á súa autonomía organizativa e ás liberdades individuais dos seus membros. Este apoio debe considerarse, máis ben, como un deber de xustiza, en reciprocidade á achega que as familias fan á sociedade.

O apoio á familia e aos núcleos de convivencia debe responder necesariamente á complexidade da nosa sociedade, e debe dar solución ás diferentes situacións que impiden ou dificultan tanto a formación e constitución de novas familias ou grupos estables de convivencia, como o desenvolvemento integral das xa constituídas.

Así, debe darse o apoio necesario á maternidade e á atención das persoas a cargo, potenciar a integración familiar das

persoas maiores, paliar as dificultades notorias de conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e procurar o sostemento da estabilidade da familia minimizando os danos derivados dos procesos de desestruturación familiar, e en particular no que afecte aos dereitos dos fillos e fillas e os membros máis vulnerables da familia.

II

A importancia da familia como motor da sociedade, é destacada non só no ámbito autonómico e estatal, senón tamén no ámbito europeo e internacional. Neste senso, cabe destacar as conclusións do Consello e dos representantes dos gobernos dos Estados membros da Unión Europea, sobre a importancia da políticas favorables á familia en Europa e o establecemento dunha Alianza en Favor das Familias, de xullo de 2007, onde se fai fincapé, entre outras cousas, en que o cambio demográfico esixe que se fagan mais esforzos para que aqueles homes e mulleres que queiran traballar e crear unha familia poidan ter fillos sen ter por iso que sacrificar as súas carreiras, fomentando a igualdade de xénero e facilitando a conciliación entre a actividade profesional, familia e vida privada, tendo en conta a participación equitativa dos pais na organización familiar .

Por outra banda, a Convención sobre os dereitos do neno adoptada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 44/25, de 20 de novembro de 1989, reivindica tamén a necesidade de protexer e ofrecer a asistencia necesaria á familia para que esta poida asumir plenamente as súas responsabilidades dentro da comunidade, en tanto en canto, se considera a esta como o grupo fundamental da sociedade e medio natural para o crecemento e benestar de todos os seus membros, en especial dos máis vulnerables como os nenos e as nenas.

É sobre estas premisas, e sobre o mandato dos artigos 16.3. da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 39 da Constitución española e 33 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea , que garanten a protección social, económica e xurídica da familia, sobre as que o Goberno galego asenta a presente Lei de apoio á familia e á convivencia.

Como antecedente normativo na Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia, foi pioneira a nivel estatal en establecer un marco de protección para a familia. Así mesmo,

a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, prevía xa o desenvolvemento dun Plan integral de apoio á familia, así como o fomento da igualdade entre homes e mulleres e distintas medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, deu un paso máis adiante, dado que a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral é un dos piares claves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, por ser un dos ámbitos onde é máis visible a desigualdade. Por outra banda, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, contribuiu a protección e apoio non só ás mulleres vítimas de violencia de xénero, senon tamén aos seus fillos e fillas como vítimas directas e indirectas dunha convivencia ou situación familiar violenta. No eido dos servizos sociais, a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, para garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas, supuxo unha actualización e modernización dos dispositivos e recursos tendo en conta a evolución da realidade social galega, que estaba a demandar un novo enfoque nas políticas sociais

Esta evolución da sociedade e a constitución de novos núcleos de convivencia esixen dos poderes públicos galegos unha actualización e adaptación normativa que contemple e regule as novas situacións creadas.

No ámbito da infancia e a adolescencia, a publicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, a Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia e a Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional, fan necesario realizar cambios na regulación actual contida na Lei 3/1997.

A lexitimidade da Xunta de Galicia para a actuación lexislativa en materia de familia provén dos apartados 23 e 24 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia dispón, por tanto, de competencia lexislativa propia para establecer un marco normativo no que se inscriban e teñan cabida o conxunto de actuacións públicas en materia de apoio á familia e á convivencia.

III

A presente lei estrutúrase nun título preliminar e tres títulos máis, tres disposicións adicionais, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e tres disposicións finais.

O título preliminar recolle as disposicións xerais da lei, o seu obxecto e finalidade, o ámbito de aplicación, os principios reitores, a imprescindible transversalidade que debe guiar as actuacións dos distintos órganos integrantes da Xunta de Galicia para poder dotar á lei da necesaria efectividade, así como a creación do Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia e da Infancia como órganos asesores e de participación e a previsión de desenvolvemento dos Plans Integrais de Apoio á Familia e á Natalidade.

O título I está dividido en seis capítulos. O capítulo I regula as disposicións comúns á familia, o capítulo II engloba aquelas familias que, por teren condicións especiais, requiren un tratamento máis favorable e unha especial consideración por parte dos poderes públicos; as familias numerosas, as familias monoparentais, as familias con persoas maiores a cargo, as familias con persoas con discapacidade a cargo, as familias con persoas dependentes a cargo e as familias acolledoras. O capítulo III recolle os principios de actuación e os ámbitos de protección das persoas maiores como piar fundamental do núcleo familiar e como transmisores de tradicións, valores, coñecementos e experiencias, cun tratamento propio desvinculado das situacións de dependencia. O obxecto é o recoñecemento do papel das persoas maiores dentro da familia, actuando en moitos casos como educadoras e referentes dos nenos e nenas e adolescentes. O capítulo IV, como instrumento importante de fomento da natalidade, está dedicado á protección da maternidade, mediante o apoio e protección á muller xestante calquera que sexa a súa circunstancia persoal. A conciliación da vida persoal, familiar e laboral desenvólvese no capítulo V, onde se recollen as medidas que permiten a devandita conciliación, así como a implicación en termos de igualdade dos homes e mulleres no desenvolvemento da familia e a corresponsabilidade das tarefas e obrigas familiares. E por último o capítulo VI ocúpase do apoio familiar e a mediación como medio para favorecer o fortalecemento e a evolución da familia e dos seus membros, o asesoramento para facilitar a toma de decisións e a resolución de conflitos que lles poidan afectar, así como da rede de recursos para garantir a súa efectividade.

O título II está dedicado á infancia e adolescencia desde unha perspectiva global, ao entender que a protección destas que impón a Constitución aos poderes públicos non só alcanza as situacións nas que debe intervir a administración por mandato legal, senón tamén o desenvolvemento de políticas de benestar que favorezan e garantan ao conxunto das e dos menores un nivel de vida digno. Esta perspectiva global implica asumir que a responsabilidade da atención aos nenos e nenas e adolescentes recae en primeiro lugar nos pai, nais ou titores, pero tamén nas Administracións Públicas e na sociedade en xeral. Por isto é necesario positivar de xeito claro e explícito as obrigas que vinculan a todos os poderes públicos, asociacións e entidades que leven a cabo actividades dirixidas á poboación infantil ou que afecten aos pais e nais, ás familias ou á sociedade en xeral.

O dito título está dividido en seis capítulos. O primeiro deles recolle as disposicións xerais, destacando a primacía do interese das persoas menores sobre calquera outro interese ou actuación por ser dos membros máis vulnerables da familia.

O capítulo II regula os dereitos de especial protección da infancia e da adolescencia ademais dos seus deberes. O capítulo III está dedicado á súa protección previndo as actuacións dos poderes públicos ante as situacións de risco e desamparo mediante actuacións como o apoio á familia, a tutela, a asunción da garda da ou do menor, e a adopción, dedicando a cada un deles unha subsección específica. O capítulo IV regula as actuacións en materia de reeducación de persoas menores infractoras responsables penalmente en virtude do establecido na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, o capítulo V as actuacións en materia de atención especializada dos nenos, nenas e adolescentes e o capítulo VI está dedicado ás institucións, entidades e centros de atención ás menores e aos menores.

Finalmente no titulo III incorpórase un réxime básico específico de infraccións e sancións co fin de que a protección que a lei ofrece sexa respectada polas persoas ou entidades que promovan actuacións que atenten contra os dereitos nela recoñecidos.

O Anteproxecto de Lei foi sometido ao preceptivo ditame do Consello Económico e Social de Galicia.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

TITULO PRELIMINAR

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade.

A presente lei ten por obxecto recoñecer a familia como estructura básica da sociedade e ámbito natural de desenvolvemento da persoa, regulando a obriga que os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia teñen de apoiar e protexer as familias e aos seus membros e, en especial os nenos e nenas e adolescentes.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

Serán persoas destinatarias desta lei:

a) As persoas unidas entre si por matrimonio, os seus e as súas ascendentes, as que delas dependan por filiación, adopción, tutela ou acollemento, e as que teñan ao seu cargo sempre que formen un núcleo estable de convivencia.

b) Aquelas persoas que estean inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, os seus e as súas ascendentes, as que dependan delas por filiación, adopción, tutela ou acollemento, e as que teñan ao seu cargo, sempre que formen un núcleo estable de convivencia.

c) As persoas individuais xunto cos e cas súas ascendentes, aquelas que dependan delas por filiación, adopción, tutela ou acollemento, e as que estean ao seu cargo, sempre que formen un núcleo estable de convivencia.

d) A muller xestante e a muller ou o home en proceso de adopción en solitario que teñan formalizado un acollemento familiar preadoptivo.

e) A infancia e a adolescencia en xeral.

Artigo 3. Transversalidade.

1. Todos os órganos da Xunta de Galicia con competencia en calquera das materias afectadas pola presente lei deberán ter unha implicación directa e continuada na súa aplicación, para o que se articulará un sistema que permita a comunicación e colaboración permanente entre eles, especialmente nos ámbitos familiar, laboral, educativo, sanitario, xudicial, de igualdade e de servizos sociais.

En particular, a Xunta de Galicia, a través dos departamentos competentes, proverá actuacións de cooperación cos concellos, deputacións e outras institucións públicas, así como a colaboración cos organismos e entidades privadas, co fin de promover e fomentar a participación nas actuacións de protección, asistencia e apoio á familia e á infancia e adolescencia.

2. Os medios de comunicación deberán implicarse, así mesmo, na aplicación da presente lei mediante un tratamento da familia e especialmente da infancia e da adolescencia respectuoso cos dereitos recollidos nela, sen menoscabo dos principios de liberdade de expresión e de información.

Artigo 4. Órganos asesores e de participación.

1. Crearanse os seguintes órganos asesores e de participación:

a) O Consello Galego da Familia, como órgano colexiado permanente de participación e consulta da Xunta de Galicia, para a planificación e desenvolvemento das políticas que lle afecten.

b) O Observatorio Galego da Familia e da Infancia como órgano colexiado de carácter asesor e de apoio, análise, investigación, estudo e proposta de actuacións en materia de familia e de infancia.

2. Ambos os dous órganos estarán adscritos á Consellería competente en materia de familia.

3. A composición e funcións tanto do Consello Galego da Familia como do Observatorio Galego da Familia e da Infancia estableceranse regulamentariamente.

Artigo 5. Planificación estratéxica de axuda ás familias.

A Xunta de Galicia desenvolverá, no marco da presente lei, un Plan Integral de Apoio á Familia e un Plan Integral de Apoio á Natalidade, como instrumentos de planificación estratéxica de axuda ás familias e de revitalización demográfica, nos que se procurará a colaboración cos concellos e deputacións provinciais dentro das súas competencias.

Sen prexuízo do anterior, a Xunta promoverá que os concellos e as deputacións provinciais desenvolvan os seus propios plans de apoio á familia.

http://benestar.xunta.es/web/portal/proxectos?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_SGGr&p_p_action=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_SGGr_content=%2Fopencms%2FVicepresidencia%2FContidos%2FProxectos%2Fproxecto_0002.html&category=Tema/Familia/&friendlyURL=/portada-familia&activo=Proxecto

Esta entrada fue publicada en SECRETARÍA XERAL FAMILIA E BENESTAR, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s