A Xunta reforza os equipos de mediación de menores da Coruña e Pontevedra co fin de aumentar as solucións extraxudiciais

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, visitaron hoxe o centro de reeducación específico de menores “Concepción Arenal”

Mato lembrou que actualmente hai en Galicia algo máis de 100 menores cumprindo medidas xudiciais de internamento e preto de 290 con medidas de medio aberto

En 2010 ofrecéronse por primeira vez en Galicia títulos oficiais en centros de reeducación de menores, a través da orde de formación para desempregados

Rueda salientou que o obxectivo do reforzo da mediación é incrementar as solucións extraxudiciais entre os casos de menores infractores

Esta vía de actuación supón unha resposta “máis axeitada” de cara á reeducación dos menores e logra unha maior axilidade na xustiza, ao reducir a saturación dos xulgados

Coruña, 25 de abril de 2011.- A Xunta de Galicia reforzará os equipos técnicos dos xulgados de menores de A Coruña e Pontevedra cun psicólogo a maiores en cada unha das cidades, co fin de potenciar a mediación xuvenil e aumentar, así, o número de solucións extraxudiciais entre os menores infractores.
Así o adiantaron hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, durante a súa visita ao centro de reeducación de menores da Coruña “Concepción Arenal”.

Ao remate da visita, Mato lembrou que actualmente hai algo máis de 100 menores cumprindo medidas xudiciais de internamento en distintos réximes, aos que se suman preto de 290 que están executando medidas de medio aberto (isto é, que seguen residindo no seu domicilio aínda que estean cumprindo algunha medida).

Ademais, a responsable autonómica da área de Benestar fixo fincapé nas actuacións que se desenvolven nestes centros específicos de reeducación e destacou o “importante” labor que se leva a cabo nestas instalacións para conseguir a reinserción social dos menores. Como exemplo, salientou que en 2010 ofrecéronse por primeira vez títulos oficiais a menores internos en centros de reeducación, a través da orde de formación para desempregados da Consellería de Traballo.

Pola súa banda, durante a súa intervención, Rueda apuntou que o reforzamento dos equipos técnicos dos xulgados de menores busca dar resposta ao feito de que “a mellor reinserción é aquela que se fai sen ter que pasar por centros”.

Ao respecto, precisou que a “gran maioría” dos menores que pasan por un proceso de mediación non reinciden, e engadiu que “o incremento das medidas de mediación é directamente proporcional á diminución de medidas a aplicar nos centros de menores”.
O obxectivo marcado é lograr incrementar o número de solucións extraxudiciais entre os menores infractores a través da mediación. Por iso, o Goberno galego reforzará os equipos da Coruña e Pontevedra cun psicólogo máis de apoio en ambas cidades, de xeito que o persoal pasará así de 18 a 20 persoas.

O conselleiro de Presidencia fixo fincapé, ademais, nas vantaxes do proceso de mediación. Entre elas, destacou especialmente que esta vía dá unha resposta máis axeitada de cara á reeducación dos menores e logra, ao tempo, unha maior axilidade na xustiza de menores, ao reducir a saturación dos xulgados.

Pola súa banda, Mato concretou que a Xunta dispón dun total de 110 prazas de internamento en Galicia (88 de internamento xeral e 22 de carácter terapéutico), que se distribúen entre o centro “Concepción Arenal” da Coruña; o de Monteledo e Montefiz de Ourense; e o Avelino Montero, de Pontevedra.

Mato valorou o labor que se leva a cabo con estes mozos e mozas, que reciben durante todo o seu internamento educación, orientación laboral e capacitacións profesionais, así como outras ferramentas de cara conseguir unha vida autónoma.

En concreto, referiuse ás accións formativas desenvolvidas ao abeiro do programa de obradoiros produtivos, que se desenvolve nos catro centros galegos e que financia a Consellería de Traballo e Benestar.

Dentro deste proxecto, por primeira vez en Galicia, mozos e mozas privados de liberdade puideron ter un contrato de traballo nos obradoiros dos centros (en concreto, tres persoas), e, como novidade tamén, os rapaces e rapazas tiveron acceso a becas de colaboración con distintas empresas para realizar prácticas.

Así, participaron en distintos cursos un total de 209 menores de todos os centros de Galicia; aos que se suman 12 que asistiron a actividades formativas fóra das instalacións; 18 que realizaron prácticas en empresas; e 58 que participaron en actividades de busca de emprego e orientación laboral.

Finalmente, fixo referencia ao programa “Mentor”, no que a Xunta inviste 1,4 millóns de euros, e que vai destinado aos menores do sistema de protección en xeral –non só para os que executan medidas xudiciais-. Esta iniciativa realiza, de forma consensuada co menor, un proxecto individualizado de inserción laboral. En 2010, con este programa atendeu a 422 mozos e mozas e asináronse 71 contratos de traballo entre os participantes.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda
Tema: Benestar
Departamento: Consellería de Traballo e Benestar

Esta entrada fue publicada en Beatriz Mato, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s