Máis de 1.300 menores benefícianse do programa de acollemento familiar en Galicia

A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, participou hoxe nun pícnic organizado pola Asociación de Familias Acolledoras de Galicia na Pobra do Caramiñal

A Administración autonómica galega está a priorizar o acollemento dos nenos e nenas en familias fronte ao seu internamento en centros

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 11 de setembro de 2011.- Un total de 1.362 menores estánse a beneficiar este ano do programa de acollemento familiar posto en marcha pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, dos que 105 supoñen novos acollementos remunerados.

A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, participou hoxe nun pícnic organizado pola Asociación de Familias Acolledoras de Galicia na Pobra do Caramiñal (A Coruña), onde lembrou que a aposta da Xunta polo acollemento familiar é decisiva, de feito, a Administración autonómica galega está a priorizar o acollemento dos nenos e nenas en familias fronte ao seu internamento en centros.

Para iso, o Goberno galego acometeu en 2009 diversas modificacións no programa de acollemento familiar co fin de axilizar tanto a súa tramitación como o pago das retribucións para as familias que as reciban. Ademais, a nova Lei de familia recolle a necesidade de primar o acollemento familiar sobre o internamento en centros.

O programa de acollemento familiar pode definirse como aquel recurso de protección temporal e revogable, orientado ao coidado de menores que se atopan privados, aínda que sexa circunstancialmente, dunha axeitada atención e que consiste en confiar o coidado dun/ neno ou adolescente a unha persoa ou familia que reúna as condicións persoais, educativas e materiais necesarias para proporcionarlle unha vida familiar..

O seu obxectivo xeral é garantir o dereito do neno a vivir nunha familia, por ser o medio óptimo para o seu desenvolvemento. Os acollementos poden facerse na familia extensa ou ben en familias alleas.

..Tema: Benestar
Departamento: Consellería de Traballo e Benestar

Anuncios
Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, Acollida/acojida temporal, LA FAG, Susana Lopez Abella. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s