1ª Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e a Adolescencia

1ª Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e a Adolescencia
Tipo de Evento: Externo
Lugar: Casa Solidaria de Ferrol
Dirección: R/Velázquez nº 44 con Avda de Vigo
Ciudad: Ferrol
Fechas: 07/10 / 08/10 Horas: 19:00 / 21:00
Convoca: Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME)

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as 1ª Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e a Adolescencia que se celebrarán os vindeiros días 7 e 8 de outubro, ás 19:00, no salón de actos da Casa Solidaria de Ferrol (R/Velázquez nº 44 con Avda de Vigo) cedido para este acto polo Concello.
Nestas xornadas AGAMME, ademais de presentarse públicamente, pretende dar a coñecer o que será o seu primeiro obxectivo: acadar a elaboración por parte da administración autonómica dun protocolo de intervención fronte o maltrato á infancia e a adolescencia, así como o desenvolvemento das políticas locais e autonómicas que o fagan aplicable.

Programa:

Venres 7: proxección do filme do director francés Maurice Pialat A infancia espida (L’infance nue) e da curtametraxe do vigués Anxo Cendal As cores do frío, a presentación correrá a cargo de Xan Viñas, membro do Cineclube Compostela.
Posteriormente propoñerase un coloquio arredor das cuestións que deixan abertas estas dúas obras cinematográficas.

Sábado 8: presentación de dous relatorios que enfocarán o tema da resposta das institucións fronte o maltrato á infancia e a adolescencia dende o ámbito educativo e dende unha perspectiva xurídica. O primeiro correrá a cargo de Laura Cruz, Profesora da Universidade da Coruña, e de Eva López, Secretaria do Colexio Profesional de Educadores/as Sociais de Galiza; o segundo relatorio será presentado por Víctor M. López Casal, avogado.

Para ampliar información sobre AGAMME poden contactar con nós a través do correo-e agammeferrol@gmail.com

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme). Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s