Adopción e acollemento familiar de menores.

Adopción e acollemento familiar de menores.

Somos tres familias acolledoras de tres irmáns, ós que coidamos gustosamente de forma altruísta, e sabendo que algún dia se terían que ir do noso lado. Conviviron con nos dous anos, aínda que as previsións eran para tres a seis meses, e durante ese tempo mantivemos contactos periódicos entre nos e coa familia biolóxica. Pero, finalmente, se nos comunicou que se irían en adopción.

Algúns xa tiñamos a experiencia de outros acollementos, así que afrontamos a difícil tarefa de ilusionarnos e ilusionalos coa nova familia, e tiñamos moi claro que non interferíamos no proceso de adaptación, nin competiriamos polo seu cariño; porque ante todo, queremos o mellor para os nenos que acollemos.

Desprezando o noso parecer, se nos negou a posibilidade de que o contacto coa familia adoptiva fose progresivo, decidindo a entrega dos pequenos no mesmo dia da primeira e única cita, á que acudimos tódolos compoñentes das familias, incluídas as nosas fillas menores que querían acompañar ós que son parte importante das súas vidas.

Por causas que descoñecemos, xa que non se nos deu ningún tipo de explicación, tras un breve contacto entre as familias, o psicólogo do Servizo de Menores de Ourense, Sr. Enrique Pérez, invítanos a saír do local, para finalmente botarnos das súas proximidades con moi malos modos, obrigándonos a deixar as maletas dos pequenos ás portas… como si os abandonásemos. Sentímonos tratados de forma tremendamente inxusta e humillante.

Tras dous anos de coidados e de abrazos, tivemos que marchar sen un bico de despedida dos nenos.

E por suposto, nin unha palabra de recoñecemento da nosa labor. Non esperabamos outra cousa (nin a necesitamos).

O único que fixemos foi querer a eses nenos, non entendemos por que non é beneficioso para eles manter o contacto coas persoas coas que pasaron tanto tempo das súas cortas vidas. Pensamos que san sería unha adaptación paulatina, e que inxusta é a medida que algúns técnicos chaman “corte limpo”, que considera o neno nacido no momento da adopción.

Se o período de acollemento debe desaparecer das lembranzas e da vida dos menores, se os nenos teñen a obriga de esquecernos, que sentido ten o programa de acollemento familiar ?

Esperemos que a nova Lei de Adopción e Acollemento Familiar, que está en trámite, regule adecuadamente estes procesos, para que existan protocolos mais humanos de traspaso dos menores ás familias, e non se dependa do proceder arbitrario de profesionais anquilosados. Desexaríamos que todos os responsables destas decisións sexan controlados e podan ser cuestionados cando corresponda.

Evitaríanse moitas lágrimas innecesarias dos menores que pretendemos protexer, e das persoas que os queren. Se achegarían moitas mais familias voluntarias ós programas de acollemento familiar, e non se frustrarían ás que xa estamos

Dolores Fernández González ,Manuel Piay Guiance,
Lourdes Amoedo Rodríguez , Miguel de Paz Santos
Alexia Ramos Conde y Juan Rodriguez Marcos

Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, Acollida/acojida temporal. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Adopción e acollemento familiar de menores.

  1. Carlos Saborido Sampedro dijo:

    Más allá del sentimiento de indignación y frustración de las familias acogedoras, perfectamente comprensible en casos como éste, si uno piensa en cómo se queda o que pensará ese niño, al que de pronto y sin tener en cuenta las repercusiones emocionales que esta brusca separación le produzca, se le arranca del seno de la que ha sido “su” familia durante dos años, es para quedarse helado. NO HAY EXPLICACIÓN POSIBLE DESDE EL PUNTO DE VISTA DE NINGUNA ESCUELA DE PSICOLOGÍA CONOCIDA, QUE PUEDA DEFENDER UNA ACTUACIÓN COMO ESTA. A no ser que consideremos a los niños acogidos como simples mascotas (en cuyo caso seguiría siendo cuestionable dicha actuación…) y nos importe una mierda como puedan integrar en su vivencia personal un hecho así. En cuanto a la teoría del “corte limpio”, habría que hacerlo en el cerebro de ese psicólogo o del grupo de trabajo responsable de este tipo de actuaciones. Si algo hay que temer de cualquier servicio social, es ese poder omnímodo que se pone a veces en manos de un técnico, una persona al fin y al cabo…y que parece irrecurrible, dejando en la indefensión total a aquellos que dependen de sus decisiones. ESE MODELO DE ACTUACIÓN DEBERÍA HABER DESAPARECIDO YA DE CUALQUIER SERVICIO SOCIAL. NO SE PUEDE EXCLUIR A PLACER A LOS QUE FORMAN PARTE DE UN SISTEMA DE PROTECCIÓN COMO ES ESTE DEL QUE HABLAMOS, SEAN LAS FAMILIAS ACOGEDORAS, SEAN LO NIÑOS ACOGIDOS, SEAN LAS FAMILIAS “DE SANGRE”. Lo de menos es el reconocimiento. Ni siquiera hay que esperarlo, pero sí un trato digno, humano y realmente profesional!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s