Benestar edita por primeira vez unha guía de acollemento familiar dirixida aos profesionais dos servizos sociais

Benestar edita por primeira vez unha guía de acollemento familiar dirixida aos profesionais dos servizos sociais O Goberno galego segue a potenciar con novas i

Iniciativas o procedemento de acollemento familiar dos menores en risco de desprotección fronte ao residencial

O principal obxectivo do documento é que os traballadores sociais dos concellos promovan este proceso, xa que son eles os que están desde un primeiro momento en contacto coas familias, son os que detectan as situacións de risco e levan a cabo plans de traballo cos menores

A Administración autonómica só contaba ata o de agora cunha guía específica para os interesados en acoller a un menor

O Día Internacional da Infancia celébrase mañá, 20 de novembro

.Santiago, 19 de novembro de 2011.-

A Xunta vén de editar por primeira vez unha guía de acollemento familiar de menores dirixida aos profesionais dos servizos sociais. Ata o de agora, só existía unha guía destinada aos interesados en levar a cabo acollementos.

Con esta nova iniciativa, a Consellería de Traballo e Benestar segue a potenciar o procedemento de acollemento familiar dos menores en risco de desprotección fronte ao ingreso nun centro.

O principal obxectivo da guía é dar a coñecer o acollemento entre os profesionais, principalmente entre os traballadores e traballadoras dos servizos sociais dos concellos, que son os que están desde un primeiro momento en contacto coas familias. De feito, estes profesionais son os que detectan as situacións de risco, levan a cabo plans de traballo cos menores e as súas familias e desenvolven o seguimento da súa avaliación.

A guía distribuirase por correo electrónico a todos os profesionais dos 315 concellos de Galicia, así como ás entidades que traballan ou poden traballar con menores.

O documento será fundamental para o labor que desenvolven os profesionais dos servizos sociais dos concellos xa que se mellorará o coñecemento que desta medida poidan ter, co obxectivo de que á súa vez informen adecuadamente ás familias de orixe dos menores e promovan o recurso, cando o valoren axeitado, ante os equipos técnicos de menores. A colaboración da familia de orixe e a súa implicación co proxecto é fundamental para un axeitado desenvolvemento do acollemento, así como para lograr a reintegración familiar do menor.

Así mesmo, os traballadores e traballadoras sociais son a mellor fonte de información acerca do entorno familiar do menor, polo que poden propoñer e valorar a adecuación da familia extensa como acolledores.

En definitiva, estes profesionais son unha peza fundamental para coñecer o desenvolvemento do acollemento, xa que realizan o seguimento deles. É, polo tanto, fundamental que coñezan qué aspectos deben valorar ao realizar estes seguimentos.

Tamén é preciso salientar que a través desta guía os traballadores e traballadoras sociais dos concellos poderían chegar a desempeñar acollementos profesionalizados, isto é, a atención a menores con especiais dificultades por persoas tecnicamente preparadas. Os acolledores profesionais son persoas cunha cualificación especial que lles permite atender a menores con especiais dificultades, percibindo unha remuneración especial, axustada ao labor que desenvolven.

Contidos da guía
A guía explica que é o acollemento familiar; as modalidades de acollemento familiar; que menores poden ser acollidos; a actuación dos servizos sociais e dos equipos técnicos de menores da Xunta; como e quen pode solicitar un acollemento familiar; quen debe consentir o acollemento; a formalización do acollemento familiar; a remuneración deste recurso e o seu desenvolvemento; cal debe ser a relación entre a persoa menor acollida e os seus pais; os acollementos profesionalizados e a lexislación aplicable.

A guía tamén recolle outros beneficios para os acolledores. Ademais dos beneficios persoais e das axudas existentes, as familias poden acceder a outras prestacións do sistema de galego de servizos sociais e doutros sistemas de protección, como por exemplo, obter o recoñecemento da condición de familia numerosa.

En definitiva, o obxectivo final desta guía, dirixida a todos os profesionais dos servizos sociais, é mellorar e optimizar os procesos de acollemento que se levan a cabo desde os concellos. O que se pretende é aclarar dúbidas e potenciar entre estes profesionais que apoien este recurso sempre e cando o valoren como axeitada, é dicir, afianzar a colaboración que existe entre os concellos e a Xunta para contribuír á difusión deste recurso coa finalidade de incrementar o número de acollementos familiares dunha forma eficaz e profesional.

A guía constitúe unha nova actuación que desenvolve a Consellería de Traballo e Benestar no seu obxectivo prioritario desde o inicio da lexislatura de potenciar os acollementos familiares dos menores fronte ao residencial.

Día Internacional da Infancia
Precisamente mañá celébrase o Día Internacional da Infancia e por este motivo a Xunta emitirá unha declaración institucional na que destaca o labor que fan as familias acolledoras como “o garante que máis e mellor representa o respecto, a solidariedade e a preocupación proactiva dunha sociedade pola súa infancia”.

Arredor de 1.200 familias galegas acollen na actualidade a case 1.600 nenos e nenas. As familias acolledoras trasladan á comunidade, dun xeito visible, a súa identificación plena ca Convención dos Dereitos do Neno e, principalmente, o dereito destes a vivir no seo dunha familia, mesmo cando está a pasar por circunstancias excepcionais.

Ademais na declaración farase un recordatorio aos catro millóns de nenos e nenas do Corno de África que, con menos de cinco anos de idade, sofren desnutrición grave; así como aos case un millón deles en perigo de morrer de fame.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en acollida / acojida familiar, acollida/acojida de menores, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s