DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON MOTIVO DO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

.Santiago, 20 de novembro de 2011.-

Hoxe celebramos o vixésimo segundo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1989 e ratificada polo Estado español en 1990. Nela recoñécese aos nenos e nenas como seres humanos especialmente vulnerables e, por iso, necesitados dunha especial protección.

Con motivo desta data, desde a Xunta de Galicia queremos reiterar o noso compromiso para garantir esa protección. Un compromiso que vai máis alá da mera asunción das nosas responsabilidades como Administración Pública, e que se asenta na profunda convicción de que os nenos e nenas son o máis prezado ben para o futuro da sociedade. De aí que garantir o seu crecemento e desenvolvemento nas condicións óptimas sexa prioridade irrenunciable da acción do Goberno, e concretamente das nosas políticas de menores e familia.

Neste ano 2011 vimos de outorgarlle un novo respaldo normativo a este compromiso coa infancia, no ámbito da nosas competencias autonómicas, a través da aprobación da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Unha norma na que están plenamente integrados os valores da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, en aspectos como o dereito dos nenos e nenas a vivir no seo dunha familia e o dereito á educación desde o nacemento. Aspectos que esta norma garante, a través do recoñecemento da familia como institución a protexer, na súa calidade de núcleo esencial da nosa sociedade, da consideración como familias de especial protección ás numerosas e acolledoras, entre outras, da promoción da conciliación, recollida por primeira vez nunha Lei nun capítulo específico, e da articulación de medidas concretas para facer efectivos todos estes preceptos.

Sendo nestes momentos prioridade deste Goberno a promoción do acollemento de nenos e nenas en situación de risco ou desamparo, para apostar polo seo dun fogar fronte ao internamento nun centro, queremos facer un chamamento ás familias galegas para que contribúan a este obxectivo. Ao mesmo tempo, queremos facer explícito o noso recoñecemento ás 1.200 familias galegas que acollen, a día de hoxe, a 1.600 nenos e nenas, e que están a realizar unha das maiores contribucións á nosa sociedade: o de apostar pola nosa infancia e polo noso futuro.
Por último, queremos lembrar especialmente, desde a solidariedade, aos nenos e nenas que sofren situacións dramáticas como a fame e os conflitos bélicos, máis intolerables se cabe cando afectan á infancia, así como mostrar o noso compromiso humano e institucional para erradicar estas situacións. Un sentir que a bo seguro comparte a totalidade da cidadanía galega.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s