residencias de tiempo libre

http://benestar.xunta.es/web/portal/proxectos?content=/Vicepresidencia/Contidos/Proxectos/proxecto_0016.html

Proxecto
[ Orde ]
Proxecto de Orde pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías nas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Traballo e Benestar para o ano 2012
Data de publicación no D.O.G 10/02/12
• Tipo de contido:
Regulamentación
• Orixe:
Lexislación autonómica
• Observacións:
Obxecto: regular o procedemento de adxudicación de estadías e servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2012, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Traballo e Benestar .
Estado tramitación:apertura do trámite de audiencia .
Emisión de suxerencias: a través da páxina web da Consellería de Traballo e Benestar
Documentos relacionados
• Proxecto de Orde pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías nas residencias de tempo libre
Orde do…… de…….. de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación
de estadías nas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Traballo e
Benestar para o ano 2012

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º asígnalle á Comunidade
Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.
Por outra banda, o Real Decreto 4123/1982, do 29 de decembro, sobre traspaso de
funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia
en materia de tempo libre, dispón que terán dereito a ser usuarios das residencias
traspasadas todos os traballadores españois e os familiares dos mesmos, calquera que
sexa o lugar do seu domicilio.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 2º
define os servizos sociais como o conxunto coordinado de prestacións, programas e
equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade
de vida e á participación social de toda a poboación galega, competencias atribuídas
neste sector á Consellería de Traballo e Benestar a través do Decreto 335/2009, do 11 de
xuño.
A Consellería de Traballo e Benestar dispón de dous centros destinados ao desfrute do
ocio e o lecer das familias, as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, ás
que se lles quere dar un fondo contido social, posibilitando o acceso de familias a un
período vacacional nas residencias de tempo libre de Galicia.
Mediante a presente orde se ofertan quendas de estadías nas devanditas residencias, co
fin de favorecer a comunicación e participación persoal e socio-familiar, cumprindo
unha importante función social.
Neste sentido, esta orde contempla aspectos, tales como a determinación das persoas
destinatarias, distribución de prazas, servizos ofertados, solicitudes e tramitación,
adxudicacións, prezos e pagamento, contribuíndo con isto a reforzar a confianza da
cidadanía no funcionamento do sistema.
Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de estadías e
servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2012, sitas
nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense),
respectivamente, e adscritas á Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 2º.-Persoas destinatarias.
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade, ou menores sempre que
vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en
territorio español. Igualmente poderán acollerse a esta orde os galegos residentes no
exterior.

Artigo 3.-Distribución das prazas
A distribución das prazas será compartida nun 50% entre a Consellería de Traballo e
Benestar e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade
Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións
sindicais.

Artigo 4º.-Tipos de servizo.
1. Servizo de residencia.
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión
completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
As quendas e tempadas ofertadas detállanse no Anexo II da presente orde.
2. Servizos para non residentes.
Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e persoas con relación de amizade
cos residentes, que veñan visitar a instalación, segundo as normas para a provisión de
prazas que determine o/a director/a de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que
se outorgue e se garanta as persoas aloxadas.

Artigo 5.- Os prezos.
Os prezos, tanto para os servizos de residencia como para os non residentes,
establécense no Decreto 169/2003, do 13 de febreiro, polo que se fixan as tarifas de
prezos relativas ás residencias de tempo libre ou na norma que o substitúa.

Artigo 6.-Solicitudes e documentación
Polo que respecta ás prazas adxudicadas pola Consellería de Traballo e Benestar, farase
unha única solicitude por unidade familiar para as quendas solicitadas.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que desfrutaran dalgunha quenda na
mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
1.-Solicitantes da quenda de familias numerosas deberán presentar:
Solicitude segundo modelo oficial (Anexo I).
Copia do título de familia numerosa.
2.-Resto de familias:
Solicitude segundo modelo oficial (Anexo I)
Acreditación da discapacidade, de ser o caso
O/A solicitante dará o seu consentimento expreso para a comprobación telemática do
DNI ante o Ministerio da Presidencia segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro,
polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos
administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos (Anexo I). No caso
de que o solicitante non queira autorizar á Consellería de Traballo e Benestar para obter
os datos do seu DNI, terá que achegar a copia do mesmo xunto co resto da
documentación.

Artigo 7º.- Presentación de solicitudes: lugar e prazo
1.- As solicitudes de estadías na residencia de tempo libre de Panxón presentaranse no
rexistro da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo (Rúa
Concepción Arenal nº8.- 36201 Vigo) e as solicitudes de estadías na residencia de
tempo libre de O Carballiño presentaranse no rexistro da xefatura territorial da
Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (Avda. da Habana nº 79.- 32004
Ourense), sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
2.- As solicitudes tamén poderán presentarse vía electrónica. O formulario da solicitude,
correspondente co modelo normalizado que se publica como Anexo I a esta orde estará
disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa
tramitación electrónica completa.
Para a presentación na sede electrónica do devandito formulario e da declaración
responsable admitirase o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura
electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal. O dito
formulario deberá ser cuberto en todos os seus campos sen engadir novos datos,
emendar, variar ou riscar o seu formato orixinal. En caso contrario, as solicitudes non se
admitirán a trámite.
No suposto de que a persoa solicitante non dispoña de sistema de siantura aceptado pola
sede electrónica, admítese igualmente a presentación da solicitude en formato papel
unha vez cumprimentado o formulario en formato PDF disponible na sede,
presentándoo asinado nos enderezos sinalados no punto 1 deste artigo.
3.- O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación desta
orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de marzo de 2011.

Artigo 8.-Requirimento de emenda.
As/os directoras/es das respectivas residencias comprobarán que os expedientes reúnen
todos os requisitos esixidos na presente orde, en caso contrario procederán a
reclamarlles por escrito ás persoas interesadas os documentos preceptivos para poder
resolver o expediente, co apercibimento de que se así non se fixese nun prazo de 10
días, se lles terá por desistidas da súa petición de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, logo da resolución do xefe territorial competente que deberá
ditarse nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Artigo 9.-Adxudicación de estadías.
A adxudicación das prazas correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar,
efectuarase por sorteo de datas, que será público e terá lugar ante o xefe territorial da
Consellería de Traballo e Benestar correspondente á localidade en que están ubicadas as
Residencias. A data e ao lugar en que se realice o sorteo, daráselles publicidade
mediante anuncio nas páxinas web http://traballoebenestar.xunta.es/ e
familiasgalegas.org. No antedito sorteo teranse en conta todas aquelas solicitudes
presentadas dentro do prazo establecido. Todas as datas do prazo establecido no artigo
7.3 entran en sorteo e delas sairá unha que será pola que se iniciará a adxudicación das
prazas, ata cubrir o total de cuartos dispoñibles. As prazas que queden vacantes por
renuncias posteriores á súa adxudicación, ofertaranse ás persoas solicitantes que non
obtivesen praza, seguíndose para estes efectos a orde de adxudicación establecida no
sorteo.
A primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias queda reservada ás
familias que acrediten a súa condición de numerosas, podendo estas, non obstante,
solicitar calquera outra das datas que se recollen no Anexo II. A adxudicación desta
quenda farase igualmente por sorteo de datas, sendo as sobrantes incluídas, de ser o
caso, no procedemento xeral de adxudicación. As familias numerosas que se presenten
ao resto das quendas entrarán no sorteo xeral e non terán preferencia algunha.
Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.

Artigo 10.-Resolución.
1.- Correspóndelle ao xefe territorial competente por razón de territorio, por delegación
da Conselleira de Traballo e Benestar, a resolución das adxudicacións das estadías,
levantando acta do devandito sorteo e remitindo o resultado aos respectivos director/a
das residencias. Estes notificarán ás persoas interesadas a quenda e tempada concedida
ou a non adxudicación, de ser o caso.
2. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra
elas pode interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da
resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da
xurisdicción contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo
será de 6 meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desistimada.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso administrativo,poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o
acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da dita resolución
expresa. Se a resolución é presunta o prazo será de 3 meses, contados a partir do día
seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Transcorridos os ditos prazos,
únicamente poderá interponerse o recurso contencioso-adminsitrativo sen prexuízo, no
seu caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 11º.-Pagamento do prezo da estadía.
As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de dez días desde a recepción da
confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en
concepto da dita reserva, e outro depósito, 30 días antes do inicio da quenda
adxudicada, pola cantidade restante ata completar a totalidade do prezo da estadía.

Artigo 12.-Anulación de estadías e reintegro de pagamentos.
Se a persoa adxudicataria anula as estadías, perderá a cantidade depositada en concepto
de reserva, agás causas de forza maior debidamente acreditadas. A dita anulación
efectuarase por calquera medio no que quede constancia da data de entrada da
anulación, e remitirase ao enderezo da residencia de tempo libre, que corresponda.
Terá dereito a que se lle devolvan as cantidades que depositase con posterioridade, para
o que terá que facer a reclamación correspondente. A continuación, instruirase e
resolverase un expediente, e farase o reintegro de acordo coas porcentaxes que se
detallan a continuación:
-Anulación ata 20 días antes da data do comezo do gozo das estadías 100%.
-Anulación entre 19 e 10 días antes da data de comezo do gozo das estadías 75%.
-Anulación entre 9 e 3 días antes da data de comezo do gozo das estadías 50%.
-Anulación con menos de 3 días ou unha vez comezado o gozo das estadías 25%.
Para calcular a porcentaxe da devolución, tomarase como data de referencia a de
rexistro de entrada na residencia, non facéndose en ningún caso responsable a residencia
dos eventuais atrasos que poidan producirse no envío da devandita documentación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL
Apróbase a delegación de competencias para resolver a adxudicación das estadías, nos
xefes territoriais da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (para as que
correspondan á Residencia de Tempo Libre de Carballiño) e de Vigo (para as que
correspondan á Residencia de Tempo Libre de Panxón).

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Primeira.-Autorízase á Secretaria Xeral de Política Social a ditar as disposicións
necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia.

Santiago de Compostela, de de 2012
A Conselleira de Traballo e Benestar
Beatriz Mato Otero

Esta entrada fue publicada en Beatriz Mato, Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s