campamentos de veran 2012 – Xunta

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Atención al plazo: 6-20 de marzo

Inicio Acción de Verán
Áreas

Acción de Verán
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

‘Acción de Verán’ é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

Dim lights
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

——————————————————————————–

CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura….

Só tes que animarte a participar!

Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.

Consulta a información

•Condicións xerais (idades, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios)
•Solicitudes:
◦Solicitude individual (Anexo IIA)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 1)
◦Solicitude múltiple (Anexo IIB)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 2)
◦Solicitude telemática(sen certificado dixital)
◦Solicitude telemática(con certificado dixital)
•Anexo I (para consultar datos de anos de nacemento e códigos dos campamentos) ou descarga o pdf
•Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2012 ( programa completo, e tamén por campamentos)
•Descarga aquí a Orde de publicación no DOG
•Teléfonos de información
•Campamentos en Galicia
•Campamentos fóra de Galicia

CAMPOS DE TRABALLO
Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

•Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos…).
•Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais…).
•De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).
•Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).
•Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).

ACTIVIDADES DE 18 a 35 ANOS
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo e separado por actividades).
•Reserva de prazas e actividades

OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.

•Información xeral (obxecto, servizos ofertados, destinatarios, prazo de presentación de solicitudes, criterios de adxudicación, intrucióne resolución, reserva de prazas e pagamento, obrigas dos beneficiarios e prezos)
•Para ver instalacións ofertadas, datas e número de prazas, consulta o anexo I, ou descarga a versión en pdf
•Para consultar os impresos de solicitude, descarga aquí o Anexo II
•Para consultar tarifas e prezos, descarga aquí a Orde de prezos
•Para consultar a normativa vixente en materia de xuventude, descarga aquí o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, DOG nº 49, do 10 de marzo de 2000 e o Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, DOG Nº 25, do 6 de febreiro de 2012.

Esta entrada fue publicada en Xunta de Galicia. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s