Plan ou programa Programa de Acollemento familiar

Plan ou programa

Programa de Acollemento familiar

  • Descrición
    Mais de 300 familias solidarias desexan compartir o seu fogar con nenos, nenas ou adolescentes que o precisan
  • Descrición longa:

    Que é?

    Mediante o acollemento familiar, unha persoa ou unha parella atende no seu fogar un neno, nena ou adolescente que temporalmente non pode residir coa súa propia familia.

    Sempre que é posible, procúrase que esta familia alternativa sexa a formada por outros parentes do neno ou nena, como tíos ou avós. É a chamada familia extensa. Se esta opción non é viable, ou non é recomendable para o neno, búscase unha familia allea que poida atender as súas necesidades básicas.

    Mediante o programa de acollemento familiar, desenvolvido a través da colaboración con Cruz Vermella de Galicia, selecciónase a familia que mellor se axusta ás circunstancias do neno e préstaselle asesoramento constante por parte de psicólogos e traballadores sociais así como formación especializada.

    O acollemento non é unha forma de adopción, xa que sempre é temporal e non rompe os vínculos do neno ou nena coa súa familia de orixe; ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan as relacións do neno co seu núcleo familiar, favorecendo así o regreso ao seu fogar.

    Para quen?
    Poden formar parte do programa os nenos, nenas ou adolescentes que están baixoa tutela opou a garda administrativa da Xunta de Galicia, porque non poden seguir residindo no seu fogar.

    En canto aos acolledores, pode ser calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideoloxía ou crenzas. Só se require que exista vontade de acoller aceptada por todo o núcleo familiar, capacidade para cubrir as necesidades básicas do neno, estabilidade emocional e capacidade para aceptar as características do neno ou nena así como as da súa familia de orixe.

    Cómo funciona?
    Os técnicos do programa valoran que familias son as mais idóneas para acoller cada un dos nenos ou grupos de irmáns que precisan unha familia temporal. Estas familias formalizan un contrato coa Consellería de Traballo e Benestar no que se reflicten as obrigas e dereitos que teñen como acolledores.

    Os acolledores teñen como misión manter a estabilidade do menor e facilitarlle os coidados, seguridade e educación que precisan mentres se solucionan as circunstacias que lle impiden desenvolver a súa vida coa súa familia.

    A duración do acollemento, pese a ser sempre temporal, pode ser moi variada en función das posibilidades de que o neno ou nena poida retornar á súa familia a curto ou a medio prazo.
    Tamén é posible colaborar cun acollemento transitorio, por exemplo durante os fins de semana ou vacacións, que normalmente se combinan coa residencia do neno nun centro de menores durante o resto do tempo.

    Mais información:
    www.acollementofamiliar.org

Esta entrada fue publicada en LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s