BENESTAR CONCERTA 25 PRAZAS NO FOGAR INFANTIL EMILIO ROMAY PARA PRESTAR UNHA ATENCIÓN DE CALIDADE AOS MENORES TUTELADOS DE 0-6 ANOS

  1. BENESTAR CONCERTA 25 PRAZAS NO FOGAR INFANTIL EMILIO ROMAY PARA PRESTAR UNHA ATENCIÓN DE CALIDADE AOS MENORES TUTELADOS DE 0-6 ANOS

    • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, un convenio de colaboración
    • O departamento autonómico investirá 150.000 euros neste fin
    • Mato destacou a necesidade de contar con prazas públicas en centros especializados para garantir unha atención de calidade dos menores, aínda que precisou que a aposta prioritaria da Xunta é o acollemento familiar
    • O Goberno galego dispón de diversos programas destinados á reintegración o acollemento dos menores tutelados
    • Na actualidade, o acollemento familiar dos nenos menores de 6 anos en situación de desprotección supón o 70 por cento dos casos

    A Coruña, 1 de marzo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de reeditar hoxe o acordo que mantén coa Deputación da Coruña para o concerto de prazas públicas no fogar infantil Emilio Romay destinado á atención de menores de 6 anos en situación de desprotección. Así, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración co presidente do organismo provincial, Diego Calvo, a través do que a Xunta investirá 150.000 euros para o concerto de 25 prazas.

    Mato destacou a necesidade de contar con prazas públicas en centros especializados na atención de menores, aínda que precisou que a aposta prioritaria da Xunta segue a ser o acollemento familiar dos menores tutelados e os datos así o avalan. Na actualidade, existen en Galicia tres instalacións dedicados á atención específica de menores de 6 anos, que ofertan un total de 52 prazas públicas. Ao fogar infantil Emilio Romay únense os centros de Ourense e Lugo. Todos eles contan con persoal especializado e con todos os recursos necesarios para ofrecer unha atención de calidade e personalizada. Do total dos menores tutelados de 6 anos, un 30 por cento residen en centros fronte ao 70 por cento que están ao coidado dunha familia.

    Deste xeito, Mato apuntou que desde a Xunta priorízase a reintegración dos menores nos seus fogares ou o acollemento familiar, aínda que explicou que tamén resulta “imprescindible” contar con centros públicos como o Emilio Romay para aqueles casos nos que as circunstancias persoais ou familiares do menor desaconsellan puntualmente a integración familiar.

    Un fogar de referencia
    A Deputación da Coruña destina nos seus orzamentos máis de 2,4 millóns de euros para o mantemento do fogar Emilio Romay, un centro de titularidade do organismo provincial que é referente a nivel nacional e galego no coidado e atención de rapaces entre 0 e 6 anos. Este centro, que funciona como centro de día e tamén como residencia, acolle actualmente a 25 rapaces, aínda que ten capacidade para 40.

    Diego Calvo, tras a sinatura deste acordo anual, asegurou que este é “un convenio moi importante para a Deputación da Coruña”, xa que “a través deste convenio concertamos unhas prazas dentro do fogar infantil Emilio Romay, no que viven 25 rapaces de 0 a 6 anos durante o tempo necesario e que estime a Consellería de Traballo e Benestar, para que a súa familia estea en condicións de volver a recibilos e volver a vivir con normalidade e nas condicións óptimas para estes nenos”, explicou Calvo.

    Ferramentas para a integración
    Para favorecer a reintegración ou acollemento familiar, a Consellería de Traballo e Benestar conta con diversos programas e a Lei de Apoio á Familia e á convivencia de Galicia que impulsa explicitamente o acollemento.

    Entre outras ferramentas, a titular de Benestar fixo mención ao programa de acollemento familiar que se leva a cabo en colaboración con Cruz Vermella. Este programa oferta un servizo de atención temporal a menores en situación de desamparo e permítelles vivir nunha familia, evitando o internamento nun centro.
    O departamento autonómico blindará nos orzamentos de 2013 o financiamento para esta actuación con 300.000 euros. Mato recordou que o investimento para esta actividade incrementouse o ano pasado nun 50 por cento. Desta iniciativa beneficiáronse ao longo de 2012 un total de 230 menores.

    A conselleira resaltou que a través deste programa houbo nos últimos anos un descenso progresivo de menores ingresados en centros residenciais. Así, a porcentaxe de acollemento residencial en 2012 foi do 40 por cento fronte ao 60 por cento de menores integrados nunha familia. Nos últimos sete anos, o internamento en centros acadouse reducir en dez puntos porcentuais.

    Reunificación familiar
    Outro dos programas que neste eido se desenvolve é o que se realiza en colaboración coa Fundación Meniños e que ten como eixos principais a reunificación e a preservación familiar. A través desta liña de actuación atendéronse en 2012 máis de 320 menores e ao redor de 180 familias.

    Mato indicou que o departamento autonómico que dirixe blindará tamén en 2013 a partida destinada a esta actuación. Así, investiranse un total de 380.000 euros, despois de que en 2012 aumentara en máis do dobre.

    En definitiva, a titular de Benestar destacou que “a máxima prioridade da Xunta” é garantir a atención de calidade e especializada aos menores en situación de desprotección, priorizando, sempre que se poida, o acollemento familiar fronte ao residencial. “Temos o compromiso, que nos marcamos por Lei, de impulsar que os nenos e nenas vivan e crezan nunha familia, aínda que tamén sexa necesario dispoñer de prazas públicas en centros especializados”, concluíu.

    De todos estes programas e medidas da Consellería de Traballo e Benestar benefícianse na actualidade os 1.418 menores tutelados que existen en Galicia.
    SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Esta entrada fue publicada en LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a BENESTAR CONCERTA 25 PRAZAS NO FOGAR INFANTIL EMILIO ROMAY PARA PRESTAR UNHA ATENCIÓN DE CALIDADE AOS MENORES TUTELADOS DE 0-6 ANOS

  1. familiasdeacollida/acogida dijo:

    mira que bien. clap, clap, clap, clap, clap

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s