COMUNICADO DE PRENSA Grupo municipal da Coruña

Grupo municipal da Coruña
Praza de María Pita S/N, 15001 A Coruña
R/. Cardenal Cisneros 60 Baixo, 15007 A Coruña
Tel. 608 025 970 eu-coruna@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org

COMUNICADO DE PRENSA

O GRUPO PARLAMENTAR DE AGE, A TRAVÉS DA DEPUTADA DE EU, YOLANDA DÍAZ, PRESENTOU UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI PARA QUE O GOBERNO GALEGO DESENVOLVA UNHA AUDITORÍA SOBRE TODOS OS PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA NECESARIO QUE A XUNTA REPARE DE URXENCIA AS DEFICIENCIAS MATERIAS E HUMANAS DOS PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

O VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA- OS VERDES NA CORUÑA, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE ”O QUE ESTÁ ACONTECER NO PUNTO DE ENCONTRO CORUÑÉS É MOI GRAVE, INCLUSO CARECE DA PERCEPTIVA LICENZA DE APERTURA, A XUNTA DEBE RESOLVER DE INMEDIATO AS EIVAS EN MATERIAS DE SEGURIDADE

As recorrentes denuncias contra dos Puntos de Encontro Familiar poñen de manifesto a súa precariedade e deficiencias e amosan as eivas dun equipamento necesario para facilitar e preservar a relación entre as crianzas e as súas familias en situación de crise.

Esquerda Unida considera necesario que a Xunta repare de urxencia as deficiencias materias e humanas dos Puntos de Encontro Familiar. O propio Valedor do Pobo aperturou nestes anos varias queixas de oficio para investigar o estado dos puntos de encontro familiar no noso país, logo das denuncias acaecidas ao respecto. Así, xa no 2009 caracterizou as eivas máis salientables: saturación, imposibilidade de realizar un traballo mediador para normalizar as relacións de parella dos proxenitores, a descoordinación ou a necesidade de mellorar os recursos e a seguridade constitúen algunha das carencias detectadas.

O grupo parlamentar de AGE, a través da deputada de EU, Yolanda Díaz, presentou unha Proposición Non de Lei para que o goberno galego desenvolva unha auditoría sobre todos os Puntos de Encontro Familiar. Chamamos a atención sobre a necesidade do rigoroso cumprimento dos principios de actuación que regulamentan a estes centros, onde se prescribe a neutralidade, entendida esta como a non vinculación a ningún grupo ideolóxico, político ou relixioso. a PNL di literalmente:

O Parlamento Galego insta ao goberno galego a realizar unha auditoría sobre a totalidade dos Puntos de Encontro Familiar galegos de maneira que se actualice a información dos centros no que atinxe a súa plantilla e cualificación, medidas de seguridade, idoneidade dos equipamentos, capacidades e modelos de xestión, e nomeadamente o grao de cumprimento do Decreto 9/2009 en particular o que se refire ao punto 5.D , e os protocolos de actuacións coas policías.

O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a programar e orzamentar un plano de actuacións urxentes que reparen as deficiencias materiais e humanas dos devanditos centros.

O voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes na Coruña, César Santiso, indicou que ”o que está acontecer no punto de encontro coruñés é moi grave, incluso carece da perceptiva licenza de apertura, a Xunta debe resolver de inmediato as eivas en materias de seguridade.

Grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes
Concello da Coruña

Anuncios
Esta entrada fue publicada en LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s