Benestar e os fiscais de proteción de menores reuniranse todos os anos para coordinar as actuacións relativas á infancia

Benestar e os fiscais de proteción de menores reuniranse todos os anos para coordinar as actuacións relativas á infancia

Así o acordaron hoxe nun encontro mantido en Santiago a directora de Familia e Inclusión, Amparo González, e o fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela

A responsable de Familia valorou que se tratou dunha reunión “moi produtiva” na que se puxo de manifesto “o compromiso mutuo de colaborar”
 

  • Amparo González González co Fiscal Xefe de Galicia, Carlos Varela
  • Amparo González González co Fiscal Xefe de Galicia, Carlos Varela

Santiago, 19 de marzo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar e os fiscais de protección de menores das catro provincias galegas manterán un encontro anual para coordinar as súas actuacións relativas á infancia.

Así o acordaron hoxe nun encontro mantido en Santiago a directora de Familia e Inclusión, Amparo González, e o fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, que contou coa presenza dos fiscais de protección de menores das catro provincias galegas.

Segundo indicou a directora xeral de Familia e Inclusión, este encontro convocarase con carácter ordinario unha vez ao ano, se ben terá lugar unha coordinación diaria entre as partes, así como outras posibles reunións extraordinarias por motivos concretos que poidan xurdir ao longo do exercicio.

A responsable de Familia valorou que se tratou dunha reunión “moi produtiva” na que se puxo de manifesto “o compromiso mutuo de colaborar para dar solución a diferentes problemas que se presentan de forma habitual na intervención coa infancia”.

Amparo González engadiu que no encontro tomáronse acordos relativos a temas como as tutelas ordinarias, os centros de protección ou as responsabilidades parentais.
 

Tema: Benestar

Departamento: C. de Traballo e Benesta

Esta entrada fue publicada en LA FAG y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s