Campamentos – Condicions Xerais

Campamentos – Condicions Xerais PDF Imprimir

PERSOAS CON DISCAPACIDADE E MENORES PROCEDENTES DE CENTROS DE MENORES

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co obxecto de acadar unha adecuada distribución de prazas nos campamentos de integración organizados pola Xunta de Galicia, aqueles/as mozos e mozas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán participar neste programa a través da convocatoria que realiza todos os anos a Secretaría Xeral de Política Social, a través da Subdirección Xeral de Promoción de Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, e non poderán presentar solicitudes de participación no sorteo da campaña de verán.

No caso de non cumprir co disposto no punto anterior, os rapaces non serán aceptados o día de incorporación ao campamento.

CENTROS DE MENORES

As solicitudes relativas a mozos/as procedentes de centros de menores serán canalizadas a través da Subdirección Xeral de Familia e Menores, polo que non serán admitidas aquelas solicitudes que non veñan por esta vía.


 

SOLICITUDES

IDADES

Os participantes deben ter a idade requirida para o campamento que se solicita. En canto as idades mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2013, cómpre destacar:

  • Os nacidos no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os nacidos no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

O incumprimento destas normas dará lugar a inadmisión da solicitude.

Ningún participante poderá ser admitido en máis dun campamento por ano.

TIPOS DE SOLICITUDES

  • Individual: as persoas que queiran presentar solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II da orde reguladora (procedemento BS303A).
  • Múltiple: as persoas que queiran presentar unha solicitude múltiple (e cumpran os requisitos para iso), deberán empregar o formulario que se incorpora como anexo III da orde reguladora (procedemento BS303F).

A solicitude múltiple admitirase para o suposto de ata catro irmáns/ás. Equipararanse a este suposto os/as menores en situación de acollemento familiar.

Só se poderá empregar este tipo de solicitude para o caso de irmáns/ás que pidan a mesma instalación e quenda. Todos os/as menores que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade esixidos para as instalacións e quendas solicitadas. O incumprimento do disposto por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

A solicitude múltiple ten efectos para a adxudicación da praza durante o sorteo e para xerar as listas de espera, pero no momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Hai dúas formas de presentar as solicitudes, por vía escrita ou electrónica.

  • Vía escrita. As solicitudes deberán facerse no impreso que corresponda, anexo II (procedemento BS303A) no caso de solicitude individual ou anexo III (procedemento BS303F) no caso de solicitude múltiple. Estarán dispoñibles na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos ou na sede electrónica no enderezo https://sede.xunta.es
    A solicitude, xunto coa documentación requirida dirixirase á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
  • Vía electrónica. Os solicitantes poderán presentar electronicamente as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es
    No caso de solicitude individual presentarán electronicamente o formulario de solicitude do anexo II (procedemento BS303A) e no caso de solicitude múltiple presentarán o formulario de solicitude anexo III (procedemento BS303F)

TRAMITACIÓN DA SOLICITUDE

  1. Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá , por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. (Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I).
  2. Os datos do/a solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/ás que soliciten a súa participación.
  3. As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos menores solicitantes.
  4. Se o/a solicitante é galega/o non residente en Galicia, na súa solicitude debe figurar para as comunicacións, un enderezo nesta comunidade autónoma.
  5. A duplicidade dunha solicitude dará lugar a inadmisión de ambas, quedando o/a solicitante fóra do sorteo.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, sito no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro, en Santiago de Compostela, nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As persoas que presenten a súa solicitude polo procedemento de portelo único dos concellos ou por correo ordinario deben remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ao número 981 545 843.

Se a solicitude se presenta por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de correos correspondente se faga constar o selo e a data antes de proceder o seu envío postal.

PRAZOS

Presentación de solicitudes 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Comprobación da recepción da solicitude Transcorrido un mes desde a publicación da orde a persoa interesada deberá comprobar a recepción da súa solicitude na páxina web http://www.xuventude.net Nesta páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI
Emenda erros solicitudes

Se as persoas interesadas atopan algún erro nos datos da solicitude ou non a atopan, deben chamar a calquera dos números de teléfono da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado que aparecen no anexo V.

A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha.

A presentación de solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Sorteo público ante notario

Nos 45 días seguintes á data de publicación da orde.

O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de xuventude http://www.xuventude.net e terá lugar ás 12 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Traballo e Benestar, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no edificio administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Documentación Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar a documentación (que máis abaixo se relaciona) no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da realización do sorteo.
Chamadas aos participantes en listas de espera A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web http://www.xuventude.net cunha antelación mínima de cinco días.
Adxudicación das prazas de resultas Estas prazas estarán expostas na páxina web http://www.xuventude.net, onde se anunciará a apertura da fase de resultas cunha antelación mínima de cinco días.

ADXUDICACIÓNS

A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. (Ver prazos no cadro anterior).
  • COBERTURA DAS PRAZAS
    Mediante sorteo ante notario/a cubriranse as prazas nas distintas actividades que se especifican no Anexo I.
    Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades e colocarase a cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre as cinco opcións que solicitou.
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fará público o resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. O resultado do sorteo publicarase na páxina web http://www.xuventude.net, onde se exporá a lista de admitidos/as a partir do día seguinte ao do sorteo. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos da persoa solicitante.
  • ADXUDICACIÓN DE PRAZAS ÁS LISTAS DE ESPERA
    As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas na fase de reservas aos/ás solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou o Servizo de Xuventude e Voluntariado correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, cos suplentes, mediante chamada telefónica. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web http://www.xuventude.net cunha antelación mínima de cinco días.
    Contactarase cos/cas suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadas entre as 9:00 e 14:00 horas que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar coa  persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera.
    Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación requirida nun prazo de 48 horas; de non facelo así, a praza ofreceráselle á seguinte persoa na lista de espera.
  • ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS DE RESULTAS
    As prazas que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación expostos anteriormente serán ofertadas na fase de resultas. Estas prazas estarán expostas na páxina web http://www.xuventude.net, onde se anunciará a apertura da fase de resultas cunha antelación mínima de cinco días.
    Poderá solicitar as prazas vacantes toda persoa que cumpra os requisitos de idade. A persoa interesada poderá efectuar a oportuna reserva a praza, se hai vacantes, por teléfono, a través de calquera Servizo de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais ou da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
    Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.
    A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9:00 a 14:00 horas, en días laborables, agás os sábados.
    Unha vez efectuada a reserva da praza, o interesado disporá dun prazo máximo de 48 horas para presentar a documentación esixible (que poderá entregar en calquera das oficinas antes indicadas). En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.
    No anexo V indícanse os enderezos e teléfonos das oficinas administrativas a través das que pode efectuar a oportuna reserva.

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR POLO/AS PARTICIPANTES SELECCIONADOS/AS

  • Xustificante de pagamento.
  • Fotocopia do DNI do/a solicitante ou folla correspondente do libro de familia, no caso de que o/a pai/nai ou representante legal do/a menor non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade.
  • Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Cuestionario médico-sanitario (anexo IV).  Poñer un enlace para despregar este anexo
  • Declaración responsable de que sabe nadar. Enlace ao documento

PREZOS

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallado no anexo I, de acordo con sinalado na Orde pola que se fixan os prezo privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2013.

DESCONTOS

  • 50%  ós membros de familia numerosa
  • 25%  para as persoas usuarias do Carné Xove.

Os descontos citados en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando a casiña correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa ou o Carné Xove, para a súa posterior comprobación pola administración.

DEVOLUCIÓN DE COTAS

  1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente a persoa interesada non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade, ou cando por causas non imputables á persoa interesada non se preste servizo ou a Administración anule a actividade.
    No caso de renuncia a unha praza concedida e posterior solicitude e adxudicación doutra na fase de resultas, se a renuncia á primeira praza non se comunicou coa antelación de vinte días antes sinalada, terá que aboar o importe íntegro da segunda praza, sen que se compense co prezo aboado pola primeira.
  2. Todas aquelas solicitudes de devolución de cotas que non sexan presentadas tal e como se reflicte no apartado anterior, polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude de devolución de cota.
  3. Para tal efecto, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota Anexo VI da orde de convocatoria, que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico https:/sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.es
  4. A solicitude deberá dirixirse ao/a xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde se vai a desenvolver a actividade, ou á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no caso das actividades que se desenvolvan fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

INCORPORACIÓN AOS CAMPAMENTOS E ALBERGUES

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada  o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, tanto o día de saída para a actividade como o día de chegada desta, ou ao lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de volta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da/o participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

OBRIGAS DOS/AS ADXUDICATARIOS/AS

  1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a personación dos pais/nais ou titores/as, e será responsabilidade destes o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen.
  3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.
  4. A praza é intransferible

ENLACES DISPOÑIBLES

  • Anexo I Relación de instalacións, quendas e prazas en Galicia e intercambios
  • Anexo II (Procedemento BS303A): Solicitude individual  galego | castellano
  • Anexo III (Procedemento BS303F): Solicitude múltiple  galego | castellano
  • Anexo IV Cuestionario médico-sanitario  galego | castellano
  • Anexo V Teléfonos de información
  • Anexo VI Renuncia de prazas e Devolución de cotas  galego | castellano

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en LA FAG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s